Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Só un 7,6% dos traballadores galegos querería empregarse máis horas



REDACCIÓN · PUBLICADO O 06 DE MARZO DE 2019 · (0)



En total son 81.900 persoas en Galicia as que traballan menos horas das que computan nunha xornada laboral completa, pero a pesar de querer traballar máis horas, non atopan onde facelo.


Así o indica un estudo elaborado por Adecco en colaboración con Barceló y Asociados, no que se destaca ademais que Galicia é a terceira autonomía onde esta porcentaxe é menor, e que se sitúa 1,8 puntos porcentuais por debaixo da media nacional (9,4%). Sen embargo, se atendemos ao número absoluto de traballadores, a comunidade galega é a novena rexión con menos persoas nesta situación.

Se a porcentaxe que hai en Galicia de profesionais nesta situación diminuiu 0,5 puntos porcentuais no último ano en total 3.700 persoas menos, en España o descenso foi algo maior, de 0,7 puntos porcentuais, deixando a cifra total en 1,8 millóns de persoas que traballan menos horas das que desexan e non atopan onde facelo.

Por autonomías, Baleares e Cataluña encabezan comodamente este indicador, con só un 3,9% e un 5,9% dos seus respectivos ocupados nesta situación, sendo estas as únicas autonomías con proporcións máis reducidas que a de Galicia. Noutro extremo sitúanse a Comunidade Valenciana (12%) e Andalucía (11,4%) como as autonomías con máis traballadores nesta situación.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)