Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Nace AEMAT, Agrupación Estratéxica en Materiais da USC



REDACCIÓN · PUBLICADO O 06 DE MARZO DE 2019 · (0)



Máis de 120 investigadores de 11 grupos conforman unha rede que vén de ser recoñecida pola Consellaría de Educación da Xunta como agrupación estratéxica do Sistema Universitario de Galicia. Os novos materiais son piares da revolución industrial 4.0 e xogan un papel fundamental na transición enerxética, minimización do impacto ambiental e innovación biomédica.


A rede, que nace para elevar capacidades científicas e de transferencia de coñecemento aos sectores produtivos, presentouse hoxe martes no Instituto de Cerámica da USC nunha sesión que presidiu o reitor Antonio López e na que tamén participaron os coordinadores de AEMAT, os profesores Arturo López Quintela e José Rivas; a conselleira de Educación, Universidade e FP, Carmen Pomar, e o alcalde de Santiago, Martiño Noriega.

EMAT centra a súa investigación en catro áreas estratéxicas: os biomateriais, os materiais e dispositivos ópticos, os nanomateriais funcionais e outros materiais e a simulación computacional aplicada a este campo. O plan de actividades da agrupación oriéntase cara a constitución dun instituto de investigación estable. Para logralo, estrutúrase en sete programas centrados na excelencia científica, a formación de investigadores, a captación de talento, a colaboración con empresas e con outros centros científicos de referencia, o posicionamento internacional, a transferencia de tecnoloxía e a divulgación á sociedade.

A maioría dos equipos de investigación que forman AEMAT están recoñecidos pola Xunta como grupos de referencia competitiva ou de potencial crecemento. Ademais, os seus indicadores de competitividade sitúan a súa capacidade de captación de fondos en convocatorias públicas nunha media anual de máis de dous millóns de euros e un promedio de contratación con empresas que supera os 2,5 millóns anuais. A isto súmase o rexistro de 25 patentes nos últimos anos (19 delas internacionais) e a constitución de varias spin-off .



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)