Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

O sector naval achégase ás innovacións tecnolóxicas visitando onde se xeran



REDACCIÓN · PUBLICADO O 07 DE MARZO DE 2019 · (0)



O director de Navantia Ría de Ferrol, José Filgueira, visitou onte as instalacións de Aimen para avanzar nas actuacións da UMI Nautilus, cuxo obxectivo é innovar en novos materiais e sistemas automatizados para a fabricación avanzada de buques militares.


Esta Unidade Mixta de Investigación constituída por ambas entidades conta cun orzamento de 2,4 millóns de euros e o apoio da Xunta a través da Axencia Galega de Innovación, e está financiada con cargo a Fondos Feder. O seu cometido é desenvolver sistemas robotizados para as primeiras fases de fabricación do buque, concretamente para conformado de chapa e soldadura de previas e paneis, así como produtos de alto valor engadido, incorporando solucións no eido dos materiais que proporcionen mellor blindaxe, menor peso e unha maior protección contra a corrosión.

No encontro, o director de Navantia Ría de Ferrol reuniuse co equipo directivo de Aimen e puido coñecercer de primeira man as instalacións do centro tecnolóxico, tanto as ubicadas no Centro de Aplicacións Láser, onde se atopan as Plantas de Tecnoloxías de Unión e Tecnoloxías Láser, como as do Edificio Armando Priegue, onde visitou os laboratorios e os talleres de Ensaios Mecánicos e Mecatrónica.

O director xerente de Aimen, Jesús Lago, valorou esta visita como “unha toma de contacto esencial para que Navantia coñeza in situ a capacidade tecnolóxica de Aimen e o traballo desenvolvido polos profesionais do centro para estimar en que medida podemos ser un aliado para Navantia en materia de innovación para a construción de buques navais”.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)