Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Unha vintena de empresas turísticas galegas participa nunha nova misión comercial en Berlín



REDACCIÓN · PUBLICADO O 07 DE MARZO DE 2019 · (0)



A delegación organizada polo Clúster Turismo de Galicia da man da Consellería de Cultura e Turismo e Turespaña participa ata o domingo na Feira Internacional de Turismo de Berlín ITB Berlin, un dos encontros turístics máis importante para o sector a nivel internacional.


A delegación galega, composta por turoperadores, aloxamentos e entidades vinculadas ao turismo, acude por quinto ano consecutivo a esta importante cita, que se celebra na capital de Alemaña dende onte. Ao longo destes tres días os 25 integrantes da misión comercial desenvolverán unha axenda de contactos no espazo que Galicia ten na feira, dentro do stand de Turespaña.

Ademais dos encontros axendados a través do servizo de xestión que ofrece o clúster, cada un dos participantes na misión comercial ten planificadas as súas propias axendas de contactos coa turoperación internacional que se dá cita nesta feira, na que anualmente se reúnen is de 100.000 profesionais procedentes de 190 países e que este ano ten na sostibilidade un dos seus items fundamentais.

“O sector MICE (turismo de congresos) e o das viaxes de negocio teñen nesta feira unha cita fundamental”, explica o presidente do Clúster Turismo de Galicia, Cesáreo Pardal, que destaca ademais o peso dos encontros B2B neste espazo internacional e nun mercado de grande interese para o sector turístico galego como é o alemán. As novas tecnoloxías, a mobilidade, a sustentabilidade ou as perspectivas para 2020 do desenvolvemento do sector turístico español serán algúns dos aspectos que se abordarán nesta feira, na que se analizan as tendencias de futuro do turismo a nivel internacional.

Segundo pon de manifesto o clúster galego, o alemán segue sendo o segundo mercado emisor internacional máis importante para Galicia en canto a número de turistas que recibe esta comunidade autónoma, despois de Portugal. En 2018 rexistráronse is de 130.000 viaxeiros alemáns en Galicia eis de 220.000 pernoctacións procedentes deste país, unha cifra que supón o 2.2% do conxunto das pernoctacións de turistas estranxeiros durante o ano pasado.

Encontros

A participación de Galicia na ITB tamén lle permite á delegación galega manter interesates contactos como parte da España Verde. Así, ademais da visita do conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez,e da directora xeral de Turismo de Galicia, Nava Castro, o espazo de traballo coxestionado polo Clúster de Turismo de Galicia e Turespaña recibiu a visita da ministra de Industria, Comercio e Turismo, Reyes Maroto; da secretaria de Estado de Turismo, Isabel Oliver; do cónsul de España en Alemaña, Ricardo Martínez; do presidente de Turespaña, Héctor Gómez, e do presidente da Cehat (Confederación Española de Hoteis e Aloxamentos Turísticos), Joan Molas, entre outros. En moitos destes encontros estivo presente a proximidade da celebración do Xacobeo 2021 e a necesidade de establecer reunións coordinadas entre todas as comunidades autónomas polas que pasa o Camiño de Santiago, que segue sendo un dos maiores embaixadores do territorio galego no estranxeiro.

Os empresarios que viaxan nesta misión comercial participan ademais en encontros tanto con turoperadores como con axencias de viaxes que traballan o destino Galicia. A todos eles presentaráselles a oferta de calidade de Galicia como destino turístico tranquilo e sostible, tanto a aqueles que xa o traballan como entre aqueles que teñan previsto incluír a comunidade na súa oferta, presentando produtos turísticos adaptados a este mercado cada vez máis orientado a un perfil de viaxeiro cun nivel de gasto medio e medio-alto, que buscan experiencias singulares, con especial interese na gastronomía, a natureza e o Camiño de Santiago. Algúns dos turoperadores que participarán nos encontros ata o venres teñen unha alta especialización en viaxes vinculados ao golf, turismo activo ou en paquetes exclusivos para mulleres, por exemplo.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)