Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

“A cidade que naceu do mar”



REDACCIÓN · PUBLICADO O 07 DE MARZO DE 2019 · (0)



Nelago Kwedhi, a primeira muller namibia capitá de barco, estivo en Vigo na presentación dun documental que narra o progreso de Lüderitz, unha pequena localidade entre o deserto e o mar ao sur de Namibia que renaceu polo impulso da industria pesqueira tras a chegada de Pescanova hai case 30 anos.


Na sede de Afundación de Vigo, tivo lugar a preestrea deste documental antonte (aquí está o trailer, certamente bonito) que mostra a transformación dunha pequena localidade fundada polos alemáns nos días da colonización. Nueva Pescanova Grupo ten hoxe dúas filiais en Namibia, Novanam e Lalandii, e alí emprega a máis de 2.000 persoas. A industria pesqueira supuxo a reactivación do fluxo de persoas cara á cidade, practicamente abandonada ata ese momento.

Comeza o documental na pequena aldea natal de Nelago no norte de Namibia e continúa cun percorrido a través do deserto, seguindo a chamada do mar ata Lüderitz -fundada en 1883 e cuxo aire xermano pervive en casiñas e a igrexa, creando un contrate de cor na paisaxe entre mar e deserto abraiante-, onde atopou un futuro mellor. “Este documental é unha mostra do compromiso do Grupo Nova Pescanova coas comunidades nas que está presente, actuando de forma ética, mantendo a súa confianza e creando valor”, afirman dende a compañía. A segunda preestrea será o 12 de marzo en Madrid, na Academia das Artes e as Ciencias Cinematográficas.

O Grupo galego ofrece bolsas de estudo para os fillos dos seus empregados e construíu vivendas, garderías e parques infantís. Ademais, creou a primeira tenda de peixe para achegar o consumo de produtos do mar á poboación e forma dos seus traballadores, dándolles oportunidades de crecemento profesional nunha zona que non tiña futuro, propiciando o desenvolvemento socioeconómico da comunidade.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)