Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Unha oportunidade para o emprendemento



REDACCIÓN · PUBLICADO O 08 DE MARZO DE 2019 · (0)



APD convoca o seu programa de becas para que os emprendedores de Galicia poidan formar parte da comunidade global de directivos. As máis de 270 empresas galegas que son socias poden “apadriñar” a un mozo emprendedor dentro da asociación.


O programa de becas da Asociación para o Progreso da Dirección ten por obxectivo axudar e acompañar a mozos emprendedores. Dende o pasado 14 de xaneiro, is de 3.500 empresas que forman parte da comunidade global de directivos desta organización teñen a oportunidade de presentar os seus candidatos, de entre os que se elixirán os mellores proxectos. Os que gañen poderán acceder gratuitamente durante un ano a toda a formación, intercambio e networking que ofrece APD.

Con máis de 60 anos de actividade, APD é a organización de directivos con máis traxectoria de España. Unha organización independente e sen ánimo de lucro, cuxo obxectivo é expandir o coñecemento das tendencias que están cambiando o mundo. Coa convocatoria desta beca, preténdese achegar os proxectos emerxentes e os emprendedores españois a expertos e líderes empresariais, además das ferramentas que necesita para medrar o seu universo de relacións, e a formación e a actualización permanente dos seus recursos humanos.

En palabras de Enrique Sánchez de León, director xeral de APD, sabemos que en España hai emprendedores que poderían sacar un gran partido a APD, e queremos coñecelos”. As empresas asociadas poderán propoñer unha startup ou peme como candidato a través do formulario da web de APD, dende a que tamén poderán votar outros proxectos. Con estas votacións e a valoración dun xurado de expertos elixirase aos vencedores, que serán comunicados nun acto de entrega de becas.

APD celebra anualmente máis de 700 actividades, e desenvolve unha contorna estable e rigurosa de networking, formación, desenvolvemento directivo e intercambio de ideas. O contacto cos expertos prodúcese nun ecosistema exclusivo, no que directivos comparten e discuten auténticas solucións a retos presentes e futuros. Con estas becas espérase que os proxectos emerxentes se apoien e aproveiten o coñecemento compartido da maior comunidade de directivos de España, así como se produza un rico intercambio interxeneracional e funcional.

 



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)