Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Hijos de Rivera, a Mellor Empresa para Traballar con sede en Galicia en 2019



REDACCIÓN · PUBLICADO O 08 DE MARZO DE 2019 · (0)



Ubicada na 14ª posición do tramo de 501 a 5.000 empregados no ranking Great Place to Work®, é a única empresa premiada galega. Que se valora? Horarios flexibles, seguros médicos, orgullo de pertenza, sentimento de equipo e formación dos traballadores. Sobre todo en base á percepción dos empregados.


Great Place to Work® entregaba o 6 de marzo á noite os premios ás Mellores Empresas para Traballar que conforman o Ránking Best Workplaces España 2019 en base á percepción dos seus empregados (2/3 da avaliación total) e prácticas e políticas de  RRHH (1/3 da valoración). Nesta edición analizáronse 328 empresas de diferentes tamaños e sectores.

As mellores españolas en 2019 destacan polos seguintes aspectos, medidos ao longo do pasado ano:

Os seus managers confían nos seus equipos, polo que os empregados contan con autonomía para lanzarse cara ao desenvolvemento de novas ideas (90%) e son involucrados na toma de decisións (77%).

O 83% das compañías teñen iniciativas que promoven a Innovación de todos os empregados.

O 80% dos empregados está disposto a dar máis de si mesmo para facer o seu traballo.

O 87% dos empregados afirma que os seus superiores son accesibles.

O 82% dos empregados opina que existe un sentimento de equipo.

O 90% dos empregados sente orgulloso cando di que traballa nestas empresas.

O 77% dos empregados considera que se lle ofrece formación e outras formas de crecer profesionalmente.

O 97% dos empregados afirma ser tratado de forma igualitaria sen importar a súa condición sexual e o 93% asegura recibir un trato xusto independentemente do seu xénero.

O 96% das empresas ten un código de conduta para combater a discriminación por sexo, idade, orientación sexual e/ou relixión.

O 83% das compañías conta cunha persoa dedicada a velar pola Diversidade.

A 96% conta con horario flexible e o 83% ten medidas de teletraballo.

A conciliación é unha das actividades con maior investimento dos Best Workplaces. Por iso, o 87% dos empregados afirma poder dispoñer de tempo libre para asuntos persoais sempre que o necesita.

O 90% das empresas ofrece seguro médico aos seus empregados.

Así que atendendo á versión completa do Ránking Best Workplaces 2019 sitúanse en primeira posición Cisco Systems, na categoría de 50 a 500 empregados. O primeiro posto no tramo de 501 a 1.000 ocúpao Lilly e MAPFRE obtivo a primeira posición entre as compañías de máis de 5.000 empregados.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)