Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Colectivos galegos liberarán de ‘basuraleza’ cinco contonas fluviais da comunidade



REDACCIÓN · PUBLICADO O 11 DE MARZO DE 2019 · (0)



Con motivo do Día Internacional dos Ríos, que se celebra o 14 de marzo, o Proxecto Libera pon en marcha a segunda edición de “1m2 polos ríos, encoros e pantanos” co obxectivo de obter información sobre a basuraleza nestas contornas.


O Proxecto Libera, de SEO/BirdLife en alianza con Ecoembes, desenvolve por segunda vez esta campaña de ciencia cidadá destinada á recollida e caracterización de lixo nas contornas fluviais. Nesta ocasión, a iniciativa esténdese ata o 17 de marzo e conta coa participación de preto de 160 colectivos, entre os que se atopan concellos, asociacións locais, centros de interpretación ou colexios, para recoller información sobre a basuraleza de 157 puntos en todo o país.

Entre os puntos establecidos en Galicia atópanse na contorna do río Trabe (Vilaboa, Culleredo, o 16 de marzo), na do río Barcés (cidade deportiva de Abegondo, o17 de marzo), as beiras do río Támega (hoxe), o encoro de Velle, no río Miño (mañá), e o río Da Gándara (17 de marzo). (ver mapa de puntos de recollidas e colectivos organizadores).

O obxectivo da campaña de ciencia cidadá é obter o maior número de datos posible para coñecer a cantidade, o volume e a tipoloxía do lixo que se deposita en ríos, encoros e pantanos. A información que se obteña destas recollidas se utilizará para levar a cabo campañas máis efectivas que axuden a acabar coa basuraleza nun futuro. Os participantes recibiron unha formación previa para coñecer o funcionamento da caracterización de residuos abandonados. Os datos obtense a través da app e-Litter, unha ferramenta de traballo pioneira, desenvolvida polas asociacións Paisaje Limpio e Vertidos Cero en colaboración con Libera, que permite cuantificar e clasificar os residuosatopados para posteriormente integrarse na base de datos do Ministerio para a Transición Ecolóxica (Miteco).

Impacto da basuraleza

Polo momento, estímase que un 17% das especies afectadas pola basuraleza forma parte da Lista Vermella da Unión Internacional para a Conservación da Natureza (UICN). É o caso, por exemplo, da tartaruga boba ou do oso mariño ártico, ambas catalogadas en situación vulnerablei. As aves mariñas, como a pardela cincenta ou a pardela balear, tampouco se escapan á catástrofe ambiental. Un recente estudo calcula que o 90% das aves mariñas inxeriu plástico e que, de seguir así, a porcentaxe chegará ao 99% en 2050.

Os estudos en contornas terrestres son significativamente inferiores aos realizados no mar, polo que é necesario facer un maior esforzo investigador. Xa existen análises que suxiren que o impacto da basuraleza terrestre podería ser maior que a dos océanos. Non en van, a maior parte dos residuos que acaban no océano proveñen de terra firme. A este respecto, coñécese que só dez ríos de Asia e África son os responsables do transporte de máis do 90% de residuos plásticos procedentes de fuentes fluviais que chegan aos océanos. Se se ten en conta que máis do 80% dos residuos plásticos presentes nos océanos provén de fontes terrestres, se obtén que as canles destes ríos son “puntos quentes” de abandono destes residuos na natureza.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)