Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Unha vintena de persoas descubre os matices do licor café no Fórum Gastronómico da Coruña



REDACCIÓN · PUBLICADO O 12 DE MARZO DE 2019 · (0)



Organizada onte á tarde polo Consello Regulador dos Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia e dirixida pola enóloga Sonia Otero, na sesión degustáronse os tres destilados gañadores dos potes de ouro, prata e bronce nas Catas de Galicia 2018.


Con anterioridade á cata, na que Sonia Otero explicou os distintos matices que se poden distinguir nestes destilados, a vintena de asistentes cataron un “Orujo de Galicia” co fin de “saber cal é a base de todos os destilados amparados polas distintas indicacións xeográficas do Consello Regulador”, explicou a enóloga. Ademais se degustou un licor café de Galicia xenérico como punto de partida á degustación das referencias gañadoras das Catas de Galicia.

Como complemento a esta cata, e para amosar a versatilidade destes produtos na gastronomía, a cata comentada rematou cunha degustación do Helado de Licor Café de Galicia elaborado pola empresa Xearte Brigitte. A xerente deste establecemento, localizado en Santiago de Compostela, Brígida Hermida, encargouse de explicar ao público algúns detalles sobre o seu proceso de elaboración.

Esta cata comentada, aberta ao público, desenvolveuse na Aula de Catas e Degustacións do stand Galicia en Cata que a Consellería do Medio Rural no Fórum Gastronómico, que se está a celebra na Coruña. Esta proposta inclúese dentro do programa das 35 experiencias de Calidade” promovidas pola Axencia Galega de Calidade Alimentaria (Agacal).



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)