Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

O número de estranxeiros residentes en España medra apenas 5.000 persoas en tres anos



REDACCIÓN · PUBLICADO O 12 DE MARZO DE 2019 · (0)



Pasando de 4.729.000 en 2015 a algo máis de 4.734.000 en 2018, malia que a tendencia negativa freouse. Hoxe suman o 10,1% do total da poboación do país segundo indicadores de Habits Big Data de AIS Group. Venezolanos e hondureños, a comunidade que máis medrou proporcionalmente. No caso galego, temos canda nós a 1.917 persoas máis.


“O dato rechamante -revela  Agustí Amorós, director de desenvolvemento de negocio de  AIS  Group- chega ao analizar a evolución da inmigración por sexos”. Mentres que o número de homes caeu en algo máis de 35.000, o de mulleres creceu en máis de 40.000 persoas. Deste xeito, equilíbrase: se en 2015 había case 90.000 homes máis que mulleres, o saldo de 2018 deixa esta diferenza en pouco máis de 13.000.

Que podemos destacar? Que os europeos da UE residentes en España descenden un 8,1%, sendo o único colectivo que se reduciu. Aínda así, os cidadáns destes países conforman aínda o segmento de estranxeiros máis numeroso. Supoñen o 37,8% do total. Isto son preto de 1,8 millóns de persoas, que se reparten entre homes e mulleres de forma practicamente equitativa.

Ao contrario que os orixinarios da UE, o que si aumentou no período entre 2015 e 2018 foron europeos de países non membros, que agora é unhas 25.000 persoas máis.  Tras eles está a xente de  territorios americanos, que con 1,1 millóns constitúen o 24,5%. Practicamente 1 de cada 4 inmigrantes veñen de América. A súa evolución desde 2015 foi á alza, aumentando o colectivo en case 59.000 persoas (5,3%), das cales algo máis de 43.000 son mulleres. Aínda que de entre as persoas americanas residentes en España a maioría proveñen de países de América do Sur, nestes tres anos, a maioría dos novos empadroados proceden de América Central e o Caribe.  

Os africanos son o terceiro grupo máis cuantioso. No período analizado a súa presenza aumentou un 2,2%, o que representa preto de 22.800 persoas. Superan así o 1.066.000 de persoas. E respecto da comunidade asiática residente aumentou nunhas 54.500 persoas desde 2015, é dicir, un 14,2%. Igual que ocorre con africanos e americanos, o crecemento do colectivo asiático tamén é maior entre as mulleres que entre os homes. Por último, e a moita distancia, están os cidadáns orixinarios de países de  Oceanía que non alcanzan nin o 1% do total de estranxeiros residentes no noso país. Cóntanse apenas 3.300 persoas.

Os dous grandes grupos

Seguen sendo os procedentes de Marrocos, unhas 770.000 persoas en 2018 cun aumento dun  2,6% e sendo 3 de cada 4 novos residentes mulleres (aínda que os homes aínda superan en máis de 90.000 individuos) e os orixinarios de Romanía, situouse en 676.000. Pero un 10% menos dos que vivían en España en 2015. Tras os romaneses, están os ecuatorianos, cuxa comunidade se reduciu en 41.000 persoas e os británicos, minguando a súa presenza en 40.000 persoas nestes tres anos. Tamén tendencia descendente presentan grupos como bolivianos, alemáns, búlgaros, polacos, portugueses ou noruegueses.

“Todo o contrario pasa cos cidadáns procedentes de Venezuela, que é a comunidade que máis creceu en número de persoas”, afirma o representante de AIS Group. “Os indicadores reflicten que desde 2015 empadroáronse en España máis de 47.000 venezolanos, alcanzando así agora o total de residentes deste país a cifra de 95.600.” Outro gran fluxo de migración provén desde Honduras. Este colectivo creceu case un 75% no mesmo período, pasando de ser 43.300 os hondureños residentes en España, a superar os 75.300. Os seguintes con maior crecemento foron os italianos, que aumentaron a súa comunidade en algo máis de 27.000 persoas, chegando a un total de 206.500 residentes. E tras os italianos, os cidadáns chineses. España recibiu a 24.700 novos empadroados desta nacionalidade, ata chegar a case 216.000 residentes.

A comunidade que máis residentes estranxeiros recibiu entre 2015 e 2018 foi Cataluña, onde os máis de 54.000 inmigrantes, un crecemento dun 5,3%.  A segunda rexión que maior inmigración acolleu é a comunidade de Madrid, unhas 15.000 persoas, o que coloca a comunidade estranxeira en algo máis de 825.000 persoas. En cambio,  Comunitat Valenciana e Andalucía, comunidades onde os colectivos de estranxeiros son o terceiro e o cuarto máis numeroso do país respectivamente, sufriron unha considerable perda.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)