Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

O 17,5% da enerxía consumida en España provén das renovables



REDACCIÓN · PUBLICADO O 12 DE MARZO DE 2019 · (0)



A porcentaxe representa sete puntos máis que hai 10 anos e sitúase ao mesmo nivel que a media da Unión Europea, peri está moi afastada da que rexistra Suecia, que cun 54,5% encabeza a clasificación entre os países da UE-28.


En 2017, último ano para o que existen datos comparados, a proporción de enerxías renovables no consumo final bruto de enerxía acadou un promedio do 17,5% no conxunto de países da UE-28. Isto supón un novo avance cara o obxectivo de lograr unha media do 20%, que se fixou a Unión Europea para o ano 2020.

Once países da UE-28 xa acadaron os seus respectivos obxectivos nacionais. Entre eles están Suecia, Dinamarca, Finlandia e Italia, xunto a sete países de recente adhesión. Noutro extremo, os países máis afastados do cumprimento dos seus obxectivos son Holanda, Francia, Irlanda e o Reino Unido.

Tras Suecia séguea na clasificación outro país escandinavo, Finlandia, que acada unha porcentaxe do 41%, e a continuación maparece un estado de recente adhesión, Letonia cun 39,0%. Dinamarca (35,2%) e Austria (32,5%) completan a clasificación dos cinco primeiros, e xusto despois Estonia supera o 29%, e Portugal acada un 28%.

Croacia, Lituania, Romanía, Eslovenia e Bulgaria tamén se sitúan por riba do promedio da UE-28, xunto con Italia. España chega xusto á media europea cun 17,5%. O aumento dende 2008 foi considerable –sete puntos porcentuais máis–, pero aínda queda por avanzar ata conseguir o noso obxectivo nacional do 20% en 2020. Por debaixo do promedio da UE están, entre outros, Francia, Alemaña, Irlanda, Bélxica, Países Baixos e o Reino Unido, xunto cunha serie de países de recente adhesión.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)