Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Debate sobre o “futuro insustentable” do planeta



REDACCIÓN · PUBLICADO O 14 DE MARZO DE 2019 · (0)



A asociación de consumidores Adicae organiza este venres 15 unha sesión na Coruña para falar sobre “Economía circular e alimentación sa e sustentable”. O debate, organizado xunto coa OMIC (Praza da Palloza, 8) será o venres 15 ás 12.00 e terá acceso libre e gratuíto.


Adicae considera que os consumidores son os que teñen a última palabra e por iso está a levar a cabo un ambicioso proxecto que converta a cada persoa nun axente de transformación na industria alimentaria.

 “Estamos a chegar a unha situación completamente insustentable e o futuro aínda se presenta máis complexo”, asegura a asociación de consumidores, que considera a economía circular a única solución eficiente “para consumidores, empresas e planeta”. Así o indica un estudo da organización, que revela a existencia doutras alternativas “que apoian un consumo máis sensato”. Pero para levar a cabo ese modelo de economía “fai falta máis que decisións políticas e empresariais”.

Adicae considerou como horizonte o ano 2030 e segundo os seus datos, as previsións para entón son que a poboación mundial aumentará ata os 9.000 millóns de persoa. En paralelo obsérvase un incremento dos consumidores de clase media ata os case 5.000 millóns. Ante este crecemento poboacional a demanda de alimentos, auga e enerxía tamén aumentará nun 40-50% con respecto a 2010. A desproporción entre poboación e recursos resulta máis que evidente.

Cifras “preocupantes” e unha única vía, segundo a asociación: “Apostar por outro modelo de consumo” e pola “acción colectiva” para afrontar este novo reto na parte do consumo máis xeneralizado: a alimentación. As persoas interesadas poderán coñecer máis na sesión que terá lugar este venres, 15 de marzo, ás 12:00 h na Praza da Palloza, n.º 8 da Coruña.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)