Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

A calidade laboral comeza pola equidade



REDACCIÓN · PUBLICADO O 12 DE MARZO DE 2019 · (0)



Executivas inicia en Ourense o programa “12 Razóns para o emprego en igualdade” cunha xornada sobre calidade no emprego e equidade laboral. Será mañá na Asociación de Empresarios do Polígono de San Cibrao ás 18 horas.


Organizado en colaboración coa Secretaría Xeral de Emprego, o programa ten como obxectivo promover a igualdade de xénero como motor da economía e o desenvolvemento sostible, difundir e sensibilizar o tecido empresarial galego sobre a importancia de integrar na cultura empresarial as políticas de igualdade de oportunidades e responsabilidade socia empresarial (RSE).

O acto inaugural será a cargo da secretaria xeral de Emprego, Covadonga Toca Carús, e o presidente da Asociación de Empresarios do Polígono de San Cibrao-Ourense, José Antonio Rodríguez Araújo, e a presidenta de Executivas de Galicia, Carla Reyes Uschinsky, porá o punto final á xornada.

Calidade no emprego e equidade laboral” é o tema que centrará este foro, no que participarán destacados profesionais do ámbito como Cecilia Garza González, representante da Inspección de Traballo, que falará sobre “Empregando a igualdade: Medidas e plans de igualdade nas empresas como elemento dinamizador na calidade do emprego ”.

O segundo relatorio, que correrá a cargo de Alejandra Fernández González, especialista en dereito na empresa e avogada do Ilustre Colexio de Avogados de Ourense, será sobre “A fenda salarial e equidade laboral. Xénero no mundo do traballo. Transparencia laboral”. A terceira relatora será Inma García Carnero, coordinadora de zona Madrid-Ourense para OVB Allfinanz España SA, que centrará o seu espazo en “Boas prácticas e medidas para a conciliación da vida laboral, familiar e persoal”.

A actividade terá lugar ás 18 horas e é necesaria a inscrición previa en inscricionxornadasourense@executivasdegalicia.org. O programa consta de 12 xornadas que se celebrarán en diferentes puntos estratéxicos de áreas industriais e empresariais de toda Galicia. Desta forma, haberá encontros nas áreas empresariais de Santiago de Compostela, Arteixo, Narón, San Cibrao das Viñas, Pereiro de Aguiar, Xinzo da Limia, Barro-Meis, Porriño-Mos, Lalin2000, Lugo, Barreiros e Monforte de Lemos en colaboración coas asociacións empresariais e entidades locais.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)