Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

A TVG non retransmitirá a gala dos XXIII Premios de Teatro María Casares



REDACCIÓN · PUBLICADO O 13 DE MARZO DE 2019 · (0)



A Asociación de Actores e Actrices de Galicia di nun comunicado que “prescinde da colaboración da TVG pola negativa dos seus responsables a reunirse este ano coa AAAG, a mellorar as condicións da retransmisión e a emitila pola primeira canle da TVG nun horario razoable”.


Poderase ver a través da empresa ourensá Aleuto Medios Dixitais, en streaming a partir das 21.00 h. do xoves 21 de marzo. A decisión tomada pola a Asociación de Actores e Actrices de Galicia afirma que foi “meditada en diferentes asembleas" e que "a AAAG solicitou ao longo dos últimos meses reunións cos responsables de Programas do ente para propoñerlles cambios e melloras na retransmisión", con pouco éxito porque afirman que "tal xuntanza nunca tivo lugar”.

En segundo lugar, engaden que envióuselle por escrito a petición de mellorar diferentes aspectos da retransmisión e solicitouse que a fose pola primeira canle da TVG nun horario razoable. “As peticións foron ignoradas e ofreceuse dende a TVG as mesmas condicións  dos últimos anos nos que a gala ficaba reducida ao streaming na web e á emisión pola segunda canle en horarios poucos favorables para a audiencia”.  

A AAAG considera que a CRTVG falla neste senso e noutros moitos na súa obriga de difundir a cultura propia en xeral e a teatral en particular. “Ademais, parece que nin os María Casares nin o sector escénico encaixan nas coordenadas marcadas polo lema de #Cultura365, impulsado pola CRTVG dende o momento en que se desvirtuou a marca histórica do Diario Cultural con gran protesta dentro do sector cultural. A decisión da AAAG chega nunha época de forte cuestionamento do labor público xeral do ente, tal e como evidencia a iniciativa dos Venres Negros, impulsada por parte do persoal da CRTVG, ou a convocatoria de folgas o pasado mes de decembro”.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)