Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

O Consello Social da UDC achega as finanzas aos mozos



REDACCIÓN · PUBLICADO O 14 DE MARZO DE 2019 · (0)



Celebra onte e hoxe as xornadas Finanzas para Mortais, que organiza Santander Financial Institute (Sanfi) co obxectivo de transmitir ao alumnado a importancia das finanzas e da economía no seu día a día.


Finanzas para Mortais é un proxecto de educación financeira impulsado por Banco Santander, a Fundación da Universidade de Cantabria para o Estudo e a Investigación do Sector Financeiro (Uceif) e Sanfi, que se divide en dúas xornadas: o primeiro día, As contas de mi país”, e o segundo, “Nico e Ana emprendendo”.

O primeiro encontro empezou onte á tarde cunhas palabras de agradecemento por parte do reitor da Universidade da Coruña, Julio Abalde, quen quixo recalcar que “a universidade debe transferir as competencias necesarias para que a sociedad avance. E para iso é beneficioso que haxa unha interacción entre a universidade, a sociedade e a empresa”.

Pola súa banda, Antonio Abril, presidente do Consello Social da UDC, destacou a necesidade de que haxa profesionais transversais e a importancia de que a universidade axude a dar unha formación básica transversal: “É importante que transmitamos tamén habilidades prácticas para que os mozos sexan quen de facer fronte aos retos do día a día”.

A directora territorial de Galicia de Banco Santander, Rosario García, sinalou que a entidade é a primeira empresa mundial que aposta pola formación financeira para achegar a economía e as finanzas á sociedade, e aproveitou para comentar que Galicia é a pioneira por ofrecer estas xornadas na universidade.

Na mesma liña continuou Francisco Javier Martínez, director xeral da Fundación Uceif e Sanfi: “A través deste proxecto, queremos ofrecerlle ao ámbito universitario un acceso a unha educación financeira básica que satisfaga as necesidades dos mozos”. Este proxecto naceu na contorna online froito de “unha simbiose de investigación e formación grazas á relación entre a universidade e a empresa, xa que no noso caso o Banco Santander é o noso patrono”, explicou pola súa banda Begoña Torre, directora de Finanzas para Mortais.

Tras achegarlle o valor e o significado da economía ao alumnado, empezaron as sesións financeiras deste primeiro encontro. A segunda xornada comezará esta tarde ás 16.00 horas, para aqueles que estean interesados en emprender.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)