Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Só o 18% dos postos tecnolóxicos en España están ocupados por mulleres



REDACCIÓN · PUBLICADO O 14 DE MARZO DE 2019 · (0)



A fenda salarial de xénero nos empregos do sector das TIC aumentou un 2,5% o pasado ano, ata o 22% a favor dos homes, a pesar de que cada vez son máis as mulleres que se decantan por desenvolver aptitudes tecnolóxicas.


A pasada semana tivo lugar o Día Internacional da Muller, no que se reivindicou, entre outras cuestións, a igualdade de dereitos laborais para homes e mulleres. Sen embargo, a pesar dos grandes pasos que se deron, aínda existen diferenzas máis que evidentes en determinados sectores. Entre eles destaca o sector tecnolóxico, no que unicamente o 18% dos profesionais son mulleres, tal e como indican dende Microsoft.

Do mesmo modo, segundo datos de Eurostat, á hora de falar de empresas que ten entre os seus empregados profesionais especialistas nas TIC, en máis da mitade destas compañías, todos os seus expertos son homes. “Aspectos como educación, cultura, visibilidade ou visión de negocio son claves para que as mulleres poidamos destacar nun sector tan clasicamente composto de homes. De feito, só fai falta botarlle unha ollada aos postos directivos das grandes empresas tecnolóxicas, como Microsoft, Google ou Facebook, os que están ocupados por mulleres”, destaca Laura García, directora do Digital Innovation Center.

Un dos aspectos claves nos que se está empezando a notar o cambio de tendencia en temas de igualdade no sector das TIC é nos estudos. Cada vez son máis as mulleres que deciden estudar, non só carreiras universitarias asociadas á tecnoloxía, senón tamén cursos ou másteres cos que darlle valor engadido ao seu CV.

Así, segundo datos do Digital Innovation Center, centro de estudos que ofrece formación especializada en disciplinas dixitais, o 57% dos estudantes de cursos e másteres sobre temáticas tecnolóxicas ou dixitais son mulleres, un dato que aumentou nos últimos anos. “Dende a escola vimos vendo un incremento de solicitudes de mulleres para estudar másteres e cursos dixitais e tecnolóxicos, o que sen dúbida é un síntoma inequívoco de que algo está cambiando. Estamos rompendo barreiras, e a educación é un piar fundamental para poder optar a postos que estiveron asociados aos homes, dándonos un valor diferencial que é clave para optar a postos de responsabilidade e marcar a diferenza”, engade García.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)