Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

O Festival de Cans aumenta, un ano máis, as obras rexistradas a concurso



REDACCIÓN · PUBLICADO O 14 DE MARZO DE 2019 · (0)



O Festival de Cans bate un ano máis o seu récord de curtas inscritas, pois recibiu na súa convocatoria para as seccións oficiais a concurso un total de 255 producións galegas, fronte aos 252 traballos da pasada edición


Divididas por categorías recibíronse un total de 85 curtametraxes de ficción, 49 de non ficción, 12 de animación e 87 videoclips. Ademais, recibíronse tamén 22 obras de diferentes fomatos, que nalgúns casos comporán as diversas seccións paralelas dos festival.

Con respecto aos apartados de curtametraxes de ficción segue rexistrándose un gran volume de traballos de creadores e creadoras galegos que viven e desenvolven a súa actividade profesional fóra de Galicia, aínda que menos que noutras edicións.

Deste xeito, o comité de selección do Festival valorará obras recibidas dende lugares como Madrid, Barcelona ou Valencia, e de países como Inglaterra, Estados Unidos ou Italia. A sección Furacáns (non ficción), pola súa banda, continúa aglutinando a interesantísimos creadores e creadoras e dende o festival está barallándose a posibilidade de aumentar as curtas integrantes desta sección debido ao gran éxito que se experimentou na pasada edición. Obsérvase tamén como dato moi positivo o a recepción de máis dunha ducia de curtametraxes de animación, que garante a constitución desta categoría nesta edición do festival e que, ademais, será dunha calidade exepcional. No tocante aos videoclips, foron recibidas 87 pezas con ritmos que van dende hip-hop ata o pop, a electrónica, o rock, o folk ou o trap, sendo escaparate das últimas novidades e dos diversos estilos de música que existen en Galicia.

Dá comezo agora para a organización un exhaustivo e laborioso proceso de visionado e selección, que se prolongará durante varias semanas e a través do cal se elixirán as obras finalistas en cada categoría.

Amadriñamentos e apadriñamenos de jalpóns

O Festival continúa traballando tratando de buscar patrocinadores privados que poidan facer achegas para tratar de completar o seu orzamento. A Asociación Arela –organizadora do festival– xa ten en marcha a campaña "Apadriña un jalpón", buscando empresas que busquen unha repercusión publicitaria asociando a súa marca aos jalpóns de proxección do festival de Cans, que se celebrará entre o 22 e o 25 de maio. As persoas ou empresas que estean interesadas en amadriñar ou apadrinar jalpóns ou en facer calquera proposta de patrocinio poden contactar co festival a través do mail patrocina@festivaldecans.com, ou mesmo a través das redes sociais do festival.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)