Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Mercadona bate o seu récord de vendas



REDACCIÓN · PUBLICADO O 14 DE MARZO DE 2019 · (0)



A cadea de distribución anuncia que o pasado ano 2018 gañou case 600 millóns de euros e bateu, un ano máis, o seu propio récord de vendas, que aumentou un 6 % ata os 24.305 millóns. Estas cifras sitúan a Mercadona como a primeira empresa por facturación en España. 


Mercadona logrou incrementar a súa cota de mercado ata o 27 % o pasado ano, o que supón máis do triplo que os seus rivais. Isto significa que, de cada catro euros investidos en alimentación, máis de un lévao a cadea valenciana.

Malia o histórico investimento de 1.504 millóns realizado pola cadea o ano pasado –un 50% superior ao de 2017, cando xa marcara un máximo–, Mercadona obtivo un beneficio neto de 593 millóns, o que supón un incremento do 84% respecto ao exercicio anterior. Aínda así a cadea considera que ten marxe para seguir crecendo, non en número de tendas –que está ao redor das 1.600–, senón en servizos, calidade, vendas e beneficios.

O máximo directivo da compañía, Juan Roig, asegura tamén que van gañar "moito diñeiro" pese á que prevén reducir un 27% o seu beneficio neto en 2019 ata os 435 millóns. Iso si, a facturación aumentará outro 3,7% ata os 25.200 millóns. En relación ao persoal, Mercadona conta xa con máis de 85.800 traballadores tras os 1.800 empregos creados en 2018, todos indefinidos e cun soldo mínimo de 1.200 euros netos ao mes.

Compra online e listo para comer

Mercadona quere expandir o servizo de compra online, que xa está operativo en Valencia capital e noutras 96 localidades próximas (onde duplicaron os seus pedidos e facturan 2,2 millóns ao mes), ao resto de España. Barcelona contará a partir do 12 de xullo cunha nova aplicación web, máis fácil e visual, e unha repartición centralizada desde un macroalmacén loxístico. E cara final deste ano ou principios do seguinte chegará a Madrid para seguir despois en cidades como Bilbao, Zaragoza, A Coruña, Murcia, Santander, Alacante, Sevilla, Málaga… ata chegar a todas as grandes capitais.

Listo para comer, a oferta de pratos preparados, foi outra das apostas da compañía que obtivo un grande éxito nas 17 tendas nas que se implantou. O obxectivo é estendelo a outros 250 supermercados ao longo deste ano.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)