Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Incautada a furtivos máis dunha tonelada e media de ourizo



REDACCIÓN · PUBLICADO O 29 DE MARZO DE 2019 · (0)



Axentes do grupo ERPOL da Policía Autonómica xunto co Servizo de Gardacostas de Galicia ven de requisala nunha operación realizada nas rías de Ares e Ferrol. O produto ascendería a uns 10.500 euros en lonxa. A súa demanda en hostalería é crecente e págase moi ben por eles, pero a Xunta quere coidar a súa explotación limitando capturas.


Os dispositivos realizáronse o 25 de xaneiro e 19 e 20 de febreiro nas zonas das Mirandas (Ares) e Punta Roiba e Covas (Ferrol) pero ata hoxe non informaron aos medios. Ata alí desprazábase un grupo de persoas procedentes da Coruña para extraer, de forma furtiva, ourizos: foron identificadas e citadas como investigadas 17 como presuntas autoras.

O ourizo extraído era despois trasladado en vehículos particulares, sen garantías de salubridade nin trazabilidade alimentaria e sen respectar a cadea de frío. “Cando non se dispón das mínimas garantías de hixiene, o alimento pode comezar a deteriorarse e degradarse, co que aumenta o risco de intoxicación alimentaria”, explican fontes policiais. Os feitos xa están trasladados aos xulgados da cidade de Ferrol. Unha operación semellante -malia que menor en evergadura-  foi realizada hai ano e medioa cando axentes do Servizo de Gardacostas de Galicia comisaron 131 quilogramos de ourizo de mar en Corcubión.

Este equinoideo é cada vez máis aprezado e a crecente demanda por parte de mercados foráneos motiva unha escalada de prezos: ata 21 euros por quilo malia que o normal son 7-8. Os restauradores da nova cociña ámano e tamén son demadandos en rutas de tapas. Pero ao ser unha especie de lento desenvolvemento, unha vez que se esgota, o recurso pode tardar uns cinco anos en reproducirse. De aí que a Consellería doMar sexa bastante rigorosa á hora de conceder novos permisos de extracción e desa labor á marxe da lei dos furtivos.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)