Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

A Semana Santa xerará 11.280 empregos en Galicia



REDACCIÓN · PUBLICADO O 01 DE ABRIL DE 2019 · (0)



Esta cifra, que supón un 7% máis que os 10.545 postos de traballo creados no mesmo período do ano pasado, sitúa e esta comunidade autónoma como a quinta que máis emprego xerará eses días.


Así o vén de publicar a empresa de recursos humanos Randstad na súa previsión para esa campaña, nas que indica que Pontevedra será a provincia galega que máis emprego xere cun total de 4.760 postos de traballo, seguida pola da Coruña con 4.410, a de Lugo (1.420) e a de Ourense (700). En termos relativos, sen embargo, a ourensá será a provincia na que máos se encremente a creación de emprego esta Semana Santa, xa que alí se crearán un 9,4% máis de postos de traballo que na campaña de 2018.

A nivel nacional, as previsións apuntan que en España se asinarán 198.980 contratos, o que supón un 7% máis que o volume rexistrado en 2018, que se situou en 186.018. Esta cifra volve ser a máis alta rexistrada do período estudado, a pesar de desacelerarse 4,4 puntos porcentuais con respecto ao crecemento de 2018 (11,6%). Nos últimos cinco anos, dende 2014, o crecemento sitúase no 76,7%, o que supón máis de 86.000 postos de traballo.

Cando se analiza a serie histórica, se detecta que a contratación nesta campaña do ano se comportou como un reflexo da situación económica en España, sobre todo durante os primeiros anos da análise. Neste sentido, tras un crecemento sostido por riba de dous díxitos entre 2005 e 2007, o ano 2008 supuxo un cambio de tendencia, coincidindo coa crise económica. Este descenso foi aíndais pronunciado en 2009, cando se rexistrou a cifra máis baixa da serie histórica, con menos de 80.500 contratacións. Entre 2010 e 2013, pola súa banda, a campaña de Semana Santa mantívose na contorna das 100.000 incorporacións, con lixeiras subas e baixadas. Sen embargo, dende 2014 se rexistraron seis anos de crecemento consecutivos, ata os 198.980 contratos previstos en 2019.

Segundo Luis Pérez, director de Relacións Institucionais de Randstad, “durante esta época do ano, a contratación temporal se converte nun bo recurso para que as empresas poidan facer fronte ao crecemento do volume de negocio. Por iso, as compañías demandan flexibilidade, especialmente en sectores nos que a demanda é especialmente estacional, como a hostalaría ou o turismo”.

Luis Pérez considera ademais que para un profesional, “esta situación resulta unha boa oportunidade para acceder a un posto de traballo neste período, sendo un paso fundamental e moi habitual para acceder a un emprego estable. Ademais supón unha experiencia moi interesante para incrementar a empregabilidade dos profesionais, tanto nos primeiros anos da súa carreira laboral como para reincorporarse tras un período de desemprego, polo que estas previsións positivas se teñen que aproveitar”.

Medra en todas as rexións

Randstad destaca que este ano o emprego volve crecer en todas as rexións na campaña de Semana Santa. Neste sentido, Baleares (10,5%) foi a única comunidade que rexistrou crecementos de dúas cifras, seguida por Cantabria (9,6%) e Castela-A Mancha (9%), todas elas por riba do 9%. A continuación, tamén por riba da media nacional (7%), sitúanse Aragón (8,8%), Murcia (8,3%), Navarra (8,2%), Cataluña (7,8%), Canarias (7,6%), Castela e León (7,3%), País Vasco (7,3%), Madrid (7%) e Galicia (7%). No lado oposto, por debaixo da media nacional, atópanse Asturias (6,6%) e Andalucía (5,9%). As tres rexións onde se prevé menor crecemento son A Rioxa, cun incremento do 5,5% respecto a 2018; Canarias, cun 5,3%, e Aragón, cun 4,8%.

A nivel provincial, ao igual que no autonómico, prevese unha boa campaña con incrementos en todas as provincias. Con crecementos de dúas cifras atópanse as provincias de Teruel (12,1%), Segovia (11,4%), Palencia (10,8%), Huelva (10,7%), Toledo (10,2%), Zaragoza (10,1%), Cidade Real (10,1%) e Cuenca (10%). As provincias con menores crecementos son Cádiz (3,7%), Tarragona (3,7%), Huesca (3,3%), Cáceres (2,4) e Soria (2,1%). Pecha a lista Lleida, cun incremento de apenas o 0,9%.

Os requisitos máis valorados

O incremento do volume de negocio derivado das actividades relacionadas co maior consumo de ocio e turismo, grazas en parte ao aumento de turistas nacionais e internacionais, provoca que as empresas precisen reforzar os seus cadros de persoal, aínda que non sexa de maneira recorrente. Neste sentido, as empresas buscan perfís que teñan unha capacidade rápida ao posto, preferiblemente que conten con experiencia previa no sector no que desenvolvan a súa actividade. Ademais, e dada a natureza dos sectores que máis impulsan o emprego nestas épocas, se buscan perfís de traballadores con vocación comercial e de atención ao cliente, para mellorar o seu servizo e fidelizar a usuarios e potenciais usuarios.

Obviamente, o incremento do turismo, tanto nacional como internacional, impulsa a demanda de profesionais con idiomas, principalmente inglés, xa que é unha lingua básica en hostalaría, restauración e infraestruturas de transporte. A posibilidade de desenvolver a súa actividade nun terceiro idioma, menos habitual que o inglés, incrementa exponencialmente as posibilidades dos candidatos.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)