Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

“A máis viva preocupación”



REDACCIÓN · PUBLICADO O 01 DE ABRIL DE 2019 · (0)



A Cámara de Comercio de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía de Arousa alerta das “graves repercusións” da non renovación da concesión a ENCE. Entre elas, “perda de emprego e esborralle para o sector forestal galego” nun cambio “arbitrario que só pode ser explicado en clave electoral”.


Nun comunicado feito público esta tarde incide na súa “profunda sorpresa e malestar” polo "inxustificable cambio de criterio" da Dirección Xeral de Sustentabilidade da Costa e do Mar "de renunciar á defensa da súa propia decisión de prorrogar a concesión". E pide tomar “as medidas necesarias para que se consolide a continuidade da actividade de ENCE, restablecendo a seguridade xurídica”.

A entidade cameral galega fala dos “custos directos que para o Estado pode ter a eventual anulación da prórroga, que podería supoñer ter que pagar, do peto de todos os contribuíntes, máis de 130 millóns de € en indemnizacións como responsabilidade patrimonial do Estado”. Teme tamén “a perda de máis de 400 postos de traballo directos na planta afectada, a repercusión nos máis de 2.700 postos de contratistas vinculados coa actividade; e a falta de alternativas para o destino de preto do 50 % da produción forestal de Galicia, poñendo en serio risco a máis de 5.000 empregos máis”.

Consideran que “ENCE é unha peza fundamental do tecido industrial, supón un 28% do PIB de Pontevedra e achega máis de 33 millóns de euros en impostos ás arcas públicas. É un dos principais exportadores de Galicia e implusa a certificación e a xestión forestal responsable” xa que compra o 100% da madeira nesta terra.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)