Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Galicia exhibe os seus viños ante importadores de 14 países



REDACCIÓN · PUBLICADO O 01 DE ABRIL DE 2019 · (0)



O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, presidiu esta mañá en Ourense Vinis Terrae, centro de negocios internacional que facilita a exportación a 50 adegas e onde as citas de negocio compleméntanse cun programa de catas comentadas, presentacións e un Túnel do Viño.


Os importadores están interesados polo viño galego pola súa identidade co territorio, xa que están elaborados con uvas autóctonas. Durante esta primeira xornada do salón celebráronse xa máis de 500 citas de negocio.

As 50 adegas de Galicia (a maioría delas “colleiteiros”, pemes e medianas empresas) pertencentes ás 5 denominacións están xunto co firmas de á ugardentes e Licores  Tradicionais e Tamén ás I.X. P. Val do Miño e Ribeiras do Morrazo. Este salón está a poñelas en contacto con importadores de 14 Canadá, China, Colombia, España, Estados Unidos, Illa  Martinica-Francia, México, Panamá, Perú, Polonia, Portugal, Reino Unido, Rusia e Suíza. Ourense VINIS TERRAE axúdalles á exportación a mercados aos que resultaría máis complicado acceder polas canles habituais. Os importadores que participan Ourense  Vinis Terrae saben que van atopar un patrimonio varietal autóctono e único para ofrecerlles aos seus clientes.

As citas de negocio compleméntanse coa visita a adegas. Onte O Ribeiro e para esta tarde adegas da Ribeira Sacra e de Valdeorras. Durante mañá visitarán Rías Baixas e xa o mércores Monterrei. Ourense Vinis Terrae 2019 concluirá mañá de 10.00 a 18.00 h. A acreditación profesional, gratuíta, pode realizarse directamente no recinto feiral.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)