Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Ignacio Rivera, CEO con mellor reputación de España



REDACCIÓN · PUBLICADO O 02 DE ABRIL DE 2019 · (0)



O informe CEO Reptrak Spain 2019, elaborado pola plataforma internacional Reputation Institute concédelle ao primeiro executivo da empresa galega Hijos de Rivera a maior puntuación do noso país, 75,8 puntos.


O empresario galego obtivo este recoñecemento tras unha análise na que se recolleron is de 1.800 valoracións sobre factores diversos como o comportamento ético, o liderado, a capacidade de influencia ou a xestión. Segundo o Reputation Institute a puntuación acadada por Ignacio Rivera responde a valoracións moi positivas en todas as dimensións estudadas, destacando o seu compromiso coa responsabilidade social, con proxectos como o “Mercado de la Cosecha” e na súa aposta polos patrocinios, especialmente os de carácter deportivo e cultural como o ciclo de concertos Son Estrella Galicia, ademais polo respecto á orixe e a calidade dos produtos.

O estudo, que se presentou no encontro A voz do CEO na reputación corporativa”, organizado por Reputation Institute, Thinking Heads e Corporate Excellence-Centre for reputation Leadership, recolle que a responsabilidade aparece como a dimensión máis valorada nun CEO en España, xa que o seu comportamento ético, en canto ao social e fiscal, lle adxudica un 37,2% na súa reputación, un 22,4% vén dado polo seu liderado, un 21,2% pola súa influencia e o 19,2% pola súa xestión. A integridade do CEO é a dimensión que máis impacta na reputación da compañía, acadando os 7,4 puntos.

“Un novo contexto social obriga aos CEO a ter un papel máis transversal que trascende a dimensión de negocio para pasar a ser un activo corporativo que representa os valores da empresa”, sinalou na presentación o vicepresidente senior responsable de España e América Latina do Reputation Institute, Enrique Johnson.

Perfil de Ignacio Rivera

Nado en 1965 na Coruña, Ignacio Rivera é licenciado en Administración e Dirección de Empresas pola Universidade Pontificia Comillas-Icade e Master of Business Administration (MBA). Casado e con seis fillos, pertence á cuarta xeración da familia Rivera ao fronte de Hijos de Rivera, empresa centenaria propietaria de marcas tan recoñecidas como Estrella Galicia ou Cabreiroá, entre outras.

Ignacio Rivera incorporouse á empresa en 1990 e en 1994 asumiu a Dirección Comercial e de Marketing. A partir de 1999, xa como director xeral adxunto e copnselleiro, deseñou e dirixiu o lanzamento de novas marcas e unha ambiciosa diversificación de produtos. En 2007 asumiu a Dirección Xeral de Hijos de Rivera, apostando pola innovación, a expansión internacional e o negocio da distribución, e en 2012 acadou o cargo de conselleiro delegado, dende o que liderou un proceso de expansión nacional e internacional, que leou á compañía a cuadriplicar a súa facturación nos últimos 10 anos.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)