Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Os Premios de Transferencia de Tecnoloxía en Galicia 2019 abren o seu prazo de presentación ata o 31 de maio



REDACCIÓN · PUBLICADO O 02 DE ABRIL DE 2019 · (0)



As modalidades deste certame, convocado pola Real Academia Galega de Ciencias en colaboración coa Axencia Galega de Innovación, reformúlanse para que grupos de investigación e empresas teñan un mellor recoñecemento ás súas prácticas en materia de transferencia de coñecemento.


O detalle das bases e os formularios para a presentación de candidaturas están dispoñibles nas webs da RAGC (ragc.gal) e da Gain (gain.xunta.gal). O proceso é totalmente telemático e está aberto a grupos de investigación, pemes e grandes empresas. Desta forma, ambas entidades colaboran de novo na organización deste certame, que chega á súa quinta edición, para recoñecer casos de éxito en transferencia de coñecemento en Galicia e difundilos entre a cidadanía e, en particular, entre a comunidade investigadora e empresarial.

As modalidades reformúlanse a partir desta edición para que grupos de investigación e empresas teñan un mellor recoñecemento ás súas prácticas neste ámbito. O premio “Francisco Guitián Ojea” está dirixido a grupos de investigación que, a través do seu labor en I+D aplicada, desenvolveran unha tecnoloxía susceptible de ser aplicada ao sector empresarial pero que aínda non fose transferida. A dotación do premio ascende a 6.000 euros e pode presentarse calquera grupo, coa única condición de que estea adscrito a un centro tecnolóxico ou de investigación ubicado en Galicia.

No caso do premio “Fernando Calvet Prats”, recoñecerase o traballo dun grupo de investigación no que a tecnoloxía creada fose xa transferida con éxito ao sector empresarial. Os destinatarios son, igual que na modalidade anterior, grupos radicados en Galicia e a dotación é tamén de 6.000 euros.

O premio “Ricardo Bescansa Martínez” busca o caso de éxito máis representantivo de innovación empresarial acadada a partir da transferencia de tecnoloxía. Poden concorrer empresas de calquera tamaño –galegas ou cun centro de traballo radicado en Galicia– que acrediten innovacións procedentes da adquisición dunha patente, dun proxecto conxunto cun ou varios grupos de investigación ou outro mecanismo calquera de transferencia. A dotación do galardón ascende tamén a 6.000 euros.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)