Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

A CEG alerta de que o Goberno “está abocando a Galicia” a un “vacío industrial”



REDACCIÓN · PUBLICADO O 02 DE ABRIL DE 2019 · (0)



Reclama ao executivo de Pedro Sánchez “solucións inmediatas” ante unha situación que pon “máis de 10.000 empregos en tela de xuízo” e que crea incerteza entre as industrias electrointensivas ou a pesteira Ence.


A Confederación de Empresarios de Galicia considera que o estatuto da industria electrointensiva que se estableza debe fixar un marco eléctrico xusto e estable, cun prezo competitivo da enerxía que garanta a continuidade de emprego e actividade. “Só ante esta situación de certeza poderán chegar as ofertas para as plantas que están en risco en empresas como Alcoa, Ferroatlántica, Celsa, Megasa, Ence, Finsa, Intasa ou Showa Denko Carbón, entre outras”, indica nun comunicado enviado esta tarde.

Para garantir a viabilidade destas empresas, que basean os seus procesos na enerxía eléctrica, a patronal galega considera que é esencial traballar de forma inmediata na busca da estabilidade do marco enerxético e evitar así o vacío industrial de Galicia. En canto a Ence-Pontevedra, sinala que a súa situación merece mención particular polo elevado número de postos de traballo tanto directos como indirectos –máis de 5.000 entre o cadro de persoal fixo de 400 empregados, 2.700 postos de trabajo de contratistas da área industrial, loxística e do transporte e os máis de 2.100 empregos no sector forestal de Galicia que dependen directamente da pasteira–, que están no aire se non se lle concede a prórroga para continuar coa actividade.

Ademais, comenta que o impacto do seu peche non só tería repercusión económica na comarca e a provincia de Pontevedra –representa o 28% do seu PIB–, senón en toda Galicia, e que as exportacións da fábrica de Lourizán acadan un valor de 200 millóns e achega máis de 33 millóns de euros en impostos ás arcas públicas.

Así as cousas, considera que o cambio de criterio do Goberno en canto ao aplanamento na defensa da prórroga concedida á empresa para seguir 60 anos máis non só afecta á continuidade de Ence, senón que desmotiva a posibles investidores, tan necesarios nestes momentos.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)