Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

As renovables supoñen xa un terzo da capacidade enerxética global



REDACCIÓN · PUBLICADO O 03 DE ABRIL DE 2019 · (0)



O sector agregou 171 GW de capacidade de xeración en 2018, un aumento do 7,9% que se viu reforzado por novas adicións de enerxía solar e eólica, que representaron o 84% do crecemento.


O informe Estadísticas de Capacidad Renovable 2019 de Irena, un dos máis completos e actualizados neste eido, conclúe que a capacidade renovable medrou en todas as rexións do mundo, aínda que a distinto ritmo. Mentres que Asia representou o 61% do total de novas instalacións de enerxía renovable, Oceanía foi a rexión de máis rápido crecemento cun 17,7%, seguida por Asia cun 11,4% e África cun 8,4% en 2018. Preto de dúas terceiras partes do total de nova capacidade de xeración de enerxía agregada en 2018 proveu de fontes renovables. Este crecemento foi liderado por economías emerxentes e en desenvolvemento.

“Grazas ao seu atractivo caso de negocios, a enerxía renovable estableceuse como a tecnoloxía de elección para a nova capacidade de xeración de enerxía", comentou o director xeral de Irena, Adnan Z. Amin, á vista do informe. “O forte crecemento que presenciamos en 2018 continúa a tendencia dos últimos cinco anos, o que demostra un cambio constante cara a enerxía renovable como elemento clave da transformación enerxética global”, agregou.

 Sen embargo, Amin advertiu de que a capacidade de enerxía renovable necesita medrar aíndais rápido para garantir que poidamos lograr os obxectivos climáticos globais e os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible. “Os países que aproveiten ao máximo o seu potencial de enerxías renovables obterán grandes beneficios socioeconómicos e contribuirán á descarbonización das súas economías”, agregou.

 O informe de Irena tamén compara o crecemento na capacidade de xeración de enerxía renovable coa enerxía non renovable, principalmente combustibles fósiles e enerxía nuclear. Se ben a capacidade de xeración non renovable diminuiu en Europa, América do Norte e Oceanía en aproximadamente 85 GW dende 2010, aumentou en Asia e Oriente Medio durante o mesmo período. Dende o ano 2000, a capacidade de xeración non renovable se ampliou en aproximadamente 115 GW por ano (en promedio), sen unha tendencia perceptible cara arriba ou cara abaixo.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)