Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Corenta psicólogos galegos falan de como previr e intervir ante a violencia de fillos cara pais e nais



REDACCIÓN · PUBLICADO O 03 DE ABRIL DE 2019 · (0)



É un tema moi preocupante, conflitos que poden estar provocados por diferenzas  xeracionais, falta de comunicación, desestruturación ou desaxuste dos roles. Os profesionais falarán esta tarde disto nunha xornada sobre violencia filioparental que organiza o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia ás 17 horas na súa sede en Santiago.


Nela presentaranse as estratexias de prevención e de intervención ante este tipo de violencia para axudarlles a afrontar un problema crecente nos últimos anos: comportamentos desadaptados dos adolescentes por diversas circunstancias que provocan unha convivencia dura e con grandes desaxustes persoais.

Aroa González e Raquel Gallego, psicólogas e mediadoras familiares, presentarán o  proxecto "Convivindo" que están a desenvolver na fundación Amigó, en Vigo, un  servizo  gratuíto de resolución positiva de conflitos entre adolescentes e as súas familias. A través  dunha  proposta  socioeducativa e  terapéutiva pretender ofrecer  unha  resposta especializada a familias en situación de  conflito e de rocha de exclusión social. Esta xornada pretende crear un clima de reflexión e de intercambio de experiencias  neste ámbito entre psicólogos e psicólogas asistentes, "máis aínda se temos en conta que as características da violencia filioparental así como o xeito nonque se expresa e evoluciona, están a mudar nos últimos anos", afirman dende o Colexio.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)