Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

O 'boom' dos 'podcasts' corporativos



REDACCIÓN · PUBLICADO O 03 DE ABRIL DE 2019 · (0)



Definidos como “unha nova arma de marketing para empresas” calcúlase que crecerán a unha taxa anual do 30% ata 2022. Malia existir hai unha década, nos últimos anos algúns dos empresariais máis difundidos elevaron o listón de contido, crearon vínculos co público e deron difusión á marca.


Co aumento repentino de popularidade empresas e corporacións están a considerar seriamente a súa incursión nesta forma de comunicación pola influencia que ofrecen para difundir a súa mensaxe. Permiten consumir información e entretemento mentres traballamos ou facemos deporte. Con frecuencia, a participación das compañías limítase ao patrocinio pero están a empezar a producir os seus propios podcasts como o BBVA ou Fisher Price.

Un anuncio televisivo ou nunha rede social é unha forma adecuada de promoción, pero tan só dura 30 segundos. Se unha empresa ten unha mensaxe máis ampla que quere transmitir, un podcast que conta unha historia e presenta voces e personaxes recorrentes é unha opción mellor. Os oíntes poden moverse e converterse en clientes segundo os vínculos formados en  Spotify, iTunes ou iVoox. “Cada marca ten unha historia. Tivo un comezo. E queren que investidores, empregados e consumidores coñezan esa historia e apaixónense por ela. É por iso polo que están a buscar maneiras de facer que a xente se involucre”, explica Juan  Cano, responsable de Audio Marketing, que engade que “no pasado, os medios impresos e de radiodifusión eran o obxectivo, pero para moito os podcasts parece ser unha solución real nunha sociedade incesantemente conectada".

Son máis que unha simple palabra de moda. Datos do estudo PwC's Global Entertainment & Media Outlook 2018-2022  reflicten que os ingresos neste sector crecerán a unha taxa anual de ao redor do 30% entre 2018 e 2022. “Ninguén quere escoitar un podcast de 10 episodios sobre o marabillosa que é unha empresa, pero podemos crear un programa sobre o que significa ter éxito... Iso atraerá exactamente á clase de persoas ás que a compañía quere chegar".



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)