Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Reclaman ante o Rei unha reforma do sistema universitario español



REDACCIÓN · PUBLICADO O 04 DE ABRIL DE 2019 · (0)



Felipe VI recibiu en audiencia ao Comité Executivo da Conferencia de Consellos Sociais das Universidades Españolas, que preside o galego Antonio Abril Abadín, presidente do Consello Social da Universidade da Coruña.


Durante a audiencia, que se celebrou no Palacio da Zarzuela, o comité executivo transmitiulle ao monarca a “extraordinaria importancia da universidade na formación do talento, verdadeiro motor do desenvolvemento económico e do benestar social”, e comunicáronlle a necesidade de introducir reformas estructurais no sistema de goberno e no financiamento da universidade pública española para que se poida homologar e competir coas que existen no Espazo Europeo de Educación Superior e para que poida facer fronte aos retos que presenta un mundo global en continua transformación.

Antonio Abril, presidente da CCS organización que integra aos consellos sociais das universidades públicas e aos consellos e patronatos de universidades privadas, destacou que os consellos son “o órgano de participación de toda a sociedade na universidade“. Tras recoñecer que “temos universidades moi meritorias que atesouran un talento excepcional”, expresou a necesidade de que “os nosos responsables públicos actúen con valentía, xenerosidade e grandeza de miras para priorizar a universidade e dotala das ferramentas axeitadas para desenvolverse na actual contorna competitiva e responder ás demandas reais da sociedade, porque España será no futuro o resultado do que hoxe sexa quen de investir na excelencia da súa educación”.

O pasado mes de setembro, a CCS, xunto á CRUE asociación sen ánimo de lucro que reúne a 76 universidades españolas– e axentes sociaies, apoiou no Congreso dos Deputados un comunicado que solicitaba unha nova Lei Orgánica de Universidades. En novembro, a Asemblea Xeral da CCS aprobou o “Manifesto de Maspalomas”, no que advertía do “grave risco que corremos como país se non acometemos con urxencia estas imprescindibles reformas”.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)