Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Aimen abre unha nova delegación no País Vasco



REDACCIÓN · PUBLICADO O 05 DE ABRIL DE 2019 · (0)



O centro tecnolóxico con sede no Porriño, que xa ten delegacións na Coruña, Madrid e Andalucía, suma esta nova para ampliar o seu posicionamento na zona norte e reforzar as relacións coa industria do País Vasco, Navarra, Cantabria e A Rioxa.


A nova delegación, que xa se puxo en marcha en Zamudio (Biscaia), terá ao seu fronte a Joseba Andoni Delgado, un enxeñeiro industrial cunha longa traxectoria profesional no eido da innovación empresarial. A nova oficina permitirá ademais unha maior proximidade ás empresas coas que Aimen colabora e dar cobertura de servizos tecnolóxicos nos ámbitos dos procesos de fabricación industrial, especialmente aos sectores de automoción, aeronáutico, bens de equipo e enerxético.

A delegación destacará tamén por ofrecer a estes sectores unha innovadora oferta formativa adaptada ás súas necesidades en materias relacionadas coas tecnoloxías de unión avanzadas, novos materiais, tratamento de superficies e corrosión. A apertura desta nova delegación, unha das accións incluídas no plan estratéxico de Aimen, súmase ás tres que xa están en funcionamento a nivel nacional na Coruña, Madrid e Andalucía. O director xerente de Aimen, Jesús Lago, valora positivamente o funcionamento destas delegacións “xa que reforza a nosa presenza nacional e nos permite seguir crecendo e contribuír á mellora competitiva da industria nacional”.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)