Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Os psicólogos do Sergas queren servizos propios na sanidade galega



REDACCIÓN · PUBLICADO O 05 DE ABRIL DE 2019 · (0)



A Asociación de Psicólogos Clínicos do Sergas pedirao nos vindeiros día ante as xerencias de todas as EOXI de Galicia, ademais de manter charlas informativas e mesas redondas para falar con sindicatos, asociacións de pacientes e partidos políticos no camiño de conseguilo.


A presidenta da APSCS, Yolanda Castro Casanova, coida que a falta de especialistas en psicoloxía clínica nos centros de Atención Primaria impide dar resposta “centrada no doente” a problemas como ansiedade ou depresión para mellorar a evolución e diminuír o gasto sanitario.

A asociación presentara a finais de marzo no Rexistro da Xunta unha solicitude á Consellería reclamando a creación de Servizos de Psicoloxía Clínica, escrito acompañado polas sinaturas do 95% de todos os especialistas que exercen na sanidade pública galega. E piden falar co Conselleiro de Sanidade.

Estes profesionais incorporáronse como especialistas de área ao Sistema Público de Saúde en 2003 polo desenvolvemento das normativas estatais e autonómicas pero non só traballan no ámbito tradicional da asistencia ao trastorno mental, senón que, explicin, “ se dá resposta a problema relacionados en unidades de cardioloxía,da dor, neuroloxía, oncoloxía, endocrinoloxía, pediatría, coidados paliativos, e atención temperá” Isto débese á crecente especialización aos avances da disciplina, “a pericia clínica lograda pola experiencia de traballo colaborativo con outras profesións sanitarias”, explican. “Esta evolución e diversidade de funcións e responsabilidade fai que desde a ASPSC consideremos necesaria unha estrutura organizativa e de xestión propia que supere a actual”, afirmou Yolanda Castro nun acto que organizaron onte, xoves 4 de abril, na sede do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia.

Demanda crecente      

Afirma tamén que a demanda crecente de atención especializada en psicoloxía clínica fai que “o acceso aos tratamentos psicolóxicos estea moi por debaixo das recomendacións das guías de boa practica clínica”. A presidenta da ASPSC cualificou este modelo de organización dependente dos Servicios de Psiquiatría como "obsoleto" o que, nalgúns casos, ralentiza a intervención especializada eincide na súa eficacia. "A falta de psicólogos clínicos dentro das estruturas de decisión que nos competen implica carencias asistenciais, inexistencia de programas de intervención chegando incluso a suplir ditas necesidades con fórmulas de contratación externas e convenios co sector privado sen as mesmas garantías".



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)