Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

A produtora galega Portocabo pon en marcha unha coprodución internacional: "El Camino"



REDACCIÓN · PUBLICADO O 05 DE ABRIL DE 2019 · (0)



A serie transmedia, que será distribuída por Banijay Rights, farase con Francia e Italia, ademais de España. A produtora coruñesa que dirixe Alfonso Blanco, produtor executivo de series como "Mareas Vivas", "Padre Casares" ou "Matalobos", avanza nunha estratexia que xa iniciou con "Hierro", que estreará Movistar+ en xuño.  


A ficción xira arredor das historias de tres mulleres diversas en culturas, idade e carácter e sen conexión entre sí pero que acaban afectadas por un acontecimento dramático que as conectará na ruta xacobea. Seleccionada na convocatoria de axudas a proxectos audiovisuais da Xunta, rodarase en español, francés e italiano.

Tralas reunións mantidas nos últimos meses en mercados coma o Mipcom de Cannes,  o European Film Market - EFM da Berlinale e o francés Series Manía, finalmente, o grupo Banijay (Francia e Italia) será o encargado da distribución. Á fronte do equipo creativo de El Camino atópase o xefe de ficción de Banijay Studios Italia, e o guionista Massimo del Frate, experto en producións ficcionadas para televisión en múltiples plataformas. A súa experiencia profesional estivo ligada a empresas como Mediaset ou EndemolShine e canles italianas como Rai1 y Canale 5. Ademais este proxecto conta tamén coa implicación directa de profesionais como Camille Gatin, responsable de Produción Internacional de Banijay Studios Francia, e de Caroline Torrance, xefa de guións de Banijay Rights.

A produtora que dirixe Alfonso Blanco avanza nunha estratexia que xa iniciou con "Hierro", a nova serie que se estreará Movistar+ en xuño, thriller policial ambientado na illa canaria desenvolvido  polo equipo creativo de Portocabo formado por Pepe Coira (creador), Araceli Gonda (guionista) e Jorge Coira (director). Tamén é a primeira de Movistar+ que parte dunha coprodución internacional xunto a Atlantique Productions (Francia) e canal ARTE (Francia-Alemaña).

"Hierro", protagonizada por Candela Peña e Dario Grandinetti, tivo a súa premiere mundial no festival Series Mania, en Lille, onde foi a única serie española na competición internacional.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)