Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Os españois, a favor da eutanasia



REDACCIÓN · PUBLICADO O 08 DE ABRIL DE 2019 · (0)



Levados á situación de vivir un caso como o de Ángel Hernández e a súa muller, a metade dos españois entrevistados declaran que, se se dese un caso similar cun familliar, estarían sen dúbida dispostos a asistirlle ao suicidio (51%). Pero móstrase a complexidade do debate, posto que un 38% manifestan que “non saben” se se atreverían.


O recente caso de Ángel, detido hai uns días e posto en liberdade con cargos por asistir ao suicidio da súa muller enferma de ELA, xerou un intenso debate social sobre un tema tan delicado como a eutanasia. Para coñecer de inmediato e de forma áxil a opinión dos españois sobre o asunto, Toluna, realizou un estudo a 300 españois maiores de 18 anos con resultados reveladores.

Máis do 70% dos enquisados coñecían perfectamente o caso, o que dá mostra da súa transcendencia mediática e social. E consultados en termos xerais sobre a eutanasia, o 80% das persoas está a favor (“totalmente de acordo” ou “de acordo”). O cal é bastante coherente coa resposta obtida ao tratar de poñerse no caso desta parella. Un 71% dos españois manifestaron que “eu faría o mesmo”. Aínda así, existe un 20% de persoas ás que o caso lles parece moralmente complexo, e mostran que “non son capaz de ter unha opinión”.

En calquera caso, un abafador 93% manifesta que é necesaria unha regulación da eutanasia, e amaioría avoga por un testamento vital obrigatorio (47%) como posible solución. Apenas un 4% cre que o suicidio asistido neste tipo de situacións
debería continuar sendo delito. En canto ás situacións que deberían incluírse nesta regulación, un 65% considera a principal unha enfermidade terminal, e só un 28% o caso dunha enfermidade que comporte unha vida dependente. Estas son as conclusións que coa plataforma online Toluna  QuickSurveys puidéronse obter en tempo real, en menos dunha hora, sobre un tema de actualidade.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)