Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Boas ideas para as pemes



REDACCIÓN · PUBLICADO O 08 DE ABRIL DE 2019 · (0)



O museo Marco de Vigo foi o lugar escollido para o segundo encontro da iniciativa Diálogos que Impulsan que conta co aval de Orange, Santander, Endesa, Ecoembes, UniversalPay e Gofit, unha xornada con boa acollida por parte das empresas galegas xa que achegou claves para que impulsen os negocios. E na que estivo o nadador David Meca.


Como demostración dun caso de éxito, Roberto Domínguez, CEO da empresa de Ponteareas DonDisfraz ofrecía os aspectos básicos que debe seguir unha empresa para transformar un negocio local nunha empresa global; e Pau García Milá, novo empresario gañador do premio FPdGI Príncipe de Xirona Empresa 2010, falou de como adaptarse aos cambios. Durante 2019 #Dialogosqueimpulsan percorrerá dez cidades do territorio español.

Foron Orange e Santander quen se uniron a Pau e a Roberto Domínguez nas dúas mesas redondas da xornada realizada o pasado venres. "Na estratexia de apoio á modernización do tecido empresarial español, Orange súmase a esta iniciativa pola súa contribución para divulgar a importancia da dixitalización’’, afirmou Gonzalo Echazarra Huguet, Director Territorial Empresas  Orange.

Como colofón, David Meca, nadador olímpico 28 veces campión do Mundo en natación falou de que ben coñece: superación persoal facendo fincapé na importancia de transmitir motivación aos equipos. "Debemos ter presente que para un bo funcionamento de calquera proceso de transformación, ten que existir unha base sólida de confianza por parte dos equipos de traballo e iso non só depende do talento, senón da actitude”. Xa na clausura da xornada, Abel Caballero, alcalde de Vigo dixo que "á fronte dunha peme sempre hai unha ou un emprendedor, alguén que fai do seu esforzo e da súa intelixencia unha forma de xerar traballo e economía”.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)