Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Clusaga presenta na USC a primeira aceleradora do sector alimentario galego



REDACCIÓN · PUBLICADO O 09 DE ABRIL DE 2019 · (0)



A Business Factory Food, na que colaboran o Clúster Alimentario de Galicia, o Igape, XesGalicia e Gain, está dirixida a empresas que acheguen solucións innovadoras ao sector alimentario galego e permanecerá aberta ata o 16 de maio.


Despois de ser inaugurada polo director da Área de Valorización, Transferencia e Emprendemento da USC, José Luís Villaverde Acuña, o responsable da BFFood, Javier Osuna, subliñou o papel desta iniciativa ao contar con ideas e proxectos innovadores que acheguen a I+D+i ao sector alimentario galego.

Dende a Área de Competitividade do Igape, Juan Feijóo animou aos potenciais candidatos a presentar os seus proxectos “de maneira clara e concisa”, coa vista posta en chamar a atención do equipo avaliador e do grupo de empresas tractoras, formado por Calvo, Nueva Pescanova, Bodegas Martín Códax, Kiwi Atlántico, Clavo Food Factory, Clun Cooperativas Lácteas Unidas, Quescrem e Torre de Núñez.

Pola súa banda, o director de Proxectos de I+D+i de Clavo Food Factory, Xaquín Antón Vázquez, fixo fincapié na oportunidade que proporciona BFFood ao poñer en contacto ao tecido emprendedor con grandes empresas “favorecendo a consecución de resultados tanxibles”.

Tras pasar polos campus universitarios de Lugo, Vigo e Santiago, os representantes de BFFood visitarán mañá Ourense para presentar os retos desta primeira edición nun acto que terá lugar ás 11.30 horas no Salón de Graos do Edificio de Ferro.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)