Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

A Escola de Finanzas celebra mañá unha nova edición da Feira de Emprego



REDACCIÓN · PUBLICADO O 09 DE ABRIL DE 2019 · (0)



O Campus de Excelencia de Oleiros acollerá esta iniciativa que xorde como unha fórmula innovadora para guiar ao talento para iniciar unha carreira profesional coa que pretenden insertar esta ano 350 universitarios no mercado laboral.


A Feira de Emprego da Escola de Finanzas pretende responder a unha demanda cada día máis esixida, tanto por empresas como por mozos recén graduados: atopar o perfil idóneo no caso da empresa e o posto para iniciar a carreira profesional no caso do mozo. Neste sentido, o seu presidente, Venancio Salcines, considera que “somos unha ponte entre o talento profesional novo e as empresas”.

A Feira de Emprego arrinca mañá a partir das 9.30 horas cun programa moi intenso que inclúe conferencias, talleres prácticos e mesas redondas, reunindo así todos os formatos para abordar os temas máis candentes en materia de dixitalización, contratación, selección de persoal e os perfís que as empresas buscan no século XXI.

Todas as fórmulas son útiles para poñer en contacto aos mozos cos directivos das empresas. Unha das máis innovadoras é o formato Spedd Recruting, con entrevistas moi breves, de non máis de tres minutos, nas que os participantes terán contacto directo coas empresas. Por outra banda, medio centenar de compañías, entre elas, o Grupo Cortizo, Garrigues, Coca-Cola ou o Grupo Hotusa realizarán presentacións individuais das súas compañías durante toda a mañá. Entre as conferencias que terán lugar cómpre destacar a do director de Recursos Humanos de Hijos de Rivera, Paul Tran, sobre como afecta a dixitalización aos procesos de selección de persoal.

A Feira de Emprego da Escola de Finanzas preséntase así como unha oportunidad única para os mozos que rematan as súas carreiras ou postgraos para achegarse a este medio centenar de empresas entre as que tamén están as máis destacadas de Galicia, como Netex, Nueva Pescanova ou Abanca. De feito, o aforo ás conferencias e talleres xa está completamente pechado, aínda que segue sendo posible asistir de forma gratuíta a visitar os distintos stands do medio centenar de empresas asistentes, que estarán abertos en horario de mañá e tarde.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)