Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

A importancia de ter unha boa imaxe nas redes



REDACCIÓN · PUBLICADO O 10 DE ABRIL DE 2019 · (0)



O Colexio de Enxeñeiros Industriais de Galicia celebrou onte unha xornada na Coruña na que expuxo as claves do marketing e da reputación dixitais, destacando a importancia de planificar as accións e de reaccionar con transparencia en crises de reputación.


Nestas xornadas divulgativas da Oficina de Transformación Dixital (OTD) do Colexio de Enxeñeiros Industriais, Conchi López Abarta e Martina Freire Moure, manager e human resources business partner, respectivamente, da empresa de tecnoloxía de vangarda Vector ITC, foron as encargadas de impartir as dúas sesións, centradas en planificar e avaliar, por unha banda, e na transparencia e a vixiancia constante.

En primeiro lugar, explicaron aos asistentes a necesidade de ter presenza nas redes sociais, detallando que ferramentas están dispoñibles e as claves do seu manexo. Ante todo, fixeron fincapé en que resulta moi relevante contar cun plan no que se defina que se quere comunicar, a quen e con que obxectivos. Tamén incidiron na importancia de saber como executar o plan e planificar un seguimento das accións, así como realizar unha avaliación para posibles melloras. Tras a súa exposición, os asistentes interesáronse sobre as posibilidades de implantar ou potenciar o marketing dixital nas súas empresas.

En canto á reputación dixital, tanto López como Freire expuxeron como se debe actuar en situacións de crise mediante diversos exemplos prácticos. As principais indicacións son saber reaccionar con serenidade, aplicar a máxima transparencia e amosar vontade e gañas de solucionar o problema que puidese afectar á reputación. Ademais, as relatoras ofreceron varias ferramentas coas que monitorizar e avaliar o estado da reputación dixital dunha empresa, aínda que deixaron claro que se precisa unha vixiancia constante.

124 acciones nos próximos meses

As actividades celebradas forman parte dun intenso calendario de 124 accións coas que o Colexio de Enxeñeiros Industriais de Galicia chega ás sete principaies cidades galegas ata o próximo mes de setembro. Todas elas son de acceso libre e gratuíto para todas as empresas interesadas.

Esta campaña divulgativa adéntrase en aspectos como a forma de sacarlle partido á realidade aumentada, as oportunidades da impresión 3D, o desenvolvemento do marketing dixital, a intelixencia artificial, a robótica, a dixitalización dos almacéns coa loxística 4.0, a aplicación da tecnoloxía BlockChain aos negocios, as achegas do uso de drons nas empresas ou a utilidade da ciberseguridade ante os riscos dixitais.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)