Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Oca Hotels abre o seu novo catro estrelas de Foz



REDACCIÓN · PUBLICADO O 10 DE ABRIL DE 2019 · (0)



Con puntualidade case británica, xa que estaba anunciado para o 1 de abril e fíxooonte, xa está funcionando o Oca Praia de Foz Hotel & Spa. En palabras de Ramón Braña, director da cadea galega, “vai converterse nunha referencia na zona, con altos estándares de calidade e abrindo o abano de aloxamentos a viaxeiros que buscan sol e praia pero destinos pouco masificados".


A poucos metros da praia da Rapadoira, un dos puntos máis visitados da zona, ten 39 habitacións con terraza. Contará cun circuíto acuático de ducha peeling, piscina con camas de auga, asentos de hidromasaxe, fervenzas, hidromasaxe e unha sauna húmida ademais de tumbonas quentes con vistas ao mar. Ademais ten piscina, un restaurante especializado en cociña local -peixes, carnes e horta da Mariña- e unha terraza onde tomar cócteles.

"Foz bríndanos a oportunidade de ofrecer historia, natureza, lecer e Galicia en estado puro. Oca vai encargar de garantir o descanso e os servizos catro estrelas que buscan os cliente. Unha aposta estratéxica da nosa marca que estamos seguros de que fidelizará a turistas nacionais e internacionais”, explica Braña. Ximnasio e tratamentos corporais, faciais e masaxes cerran a oferta do deste luminoso hotel nas costa lucense, tan valorada por quen escapa dos veráns abafantes.

Traballarán inicialmente cun persoal de doce traballadores formados na Escola de Hostalería de Foz e diversos centros de formación de Galicia. E tanto a A-8, como a proximidade á praia de  As  Catedrais, axudarán en boa medida ao desenvolvemento do negocio e da zona.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)