Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

En que deberías fixarche cando compras un smartphone



REDACCIÓN · PUBLICADO O 11 DE ABRIL DE 2019 · (0)



iPhone, Samsung, Huawei e Xiaomi son das marcas máis recoñecidas a nivel global no mundo dos  smartphones. Un feito que leva a moitos a decantarse por un baseándose, exclusivamente, na reputación. Con todo, desde Certideal, afirman que “non debemos guiarnos só pola marca se non que debemos ter en conta outros elementos dos teléfonos intelixentes que, normalmente, adoitamos pasar por alto”.


Se queremos ter acceso a todas as aplicacións é mellor comprar un dispositivo que utilice Android pero se queremos máis seguridade á hora de descargar apps, é mellor iOS. Para axudar a elixir o móbil que mellor se adapta ás necesidades de cada quen a compañía recolleu a información que temos que valorar en cada teléfono intelixente para saber se realmente estamos ante o dispositivo que queremos.

“Android e iOS, son os dous sistemas que copan o mercado polo que o mellor é saber que diferenzas existen entre ambos”, apunta Laure Cohen,  co fundadora de  Certideal, que ademais asegura que “aínda que Android teña unha maior cota de mercado, debido á súa presenza en máis dispositivos, o iOS de iPhone sácalle unha lixeira vantaxe”. O de Apple manexa de maneira máis eficiente o espazo cando temos abertas diferentes aplicacións e poden chegar a ocupar a metade de espazo que nos terminais con sistema  Android. Ademais, a compañía da mazá é máis estrita en canto ao tipo de contido e aplicacións que permite na tenda, polo que a optimización da capacidade do seu sistema operativo é mellor. Con todo, e precisamente polas restricións, existen moitas aplicacións que non funcionan ben en iOS pero si en Android.

Outro dos puntos que hai que ter en conta é a fragmentación de hardware, un problema que afecta o software e que dificulta o rendemento dos smartphones. Esta fragmentación é menor no sistema iOS xa que é Apple quen desenvolve o hardware e instálao. Pola contra, os fabricantes de móbiles que utilizan Android, adoitan facer variacións deste adaptándoo a cada terminal que venden, polo que é máis probable a fragmentación.

Memoria relativa

Se es un usuario habitual das ferramentas de Google é mellor que leves un teléfono Android xa que a súa integración é bastante boa. E aínda que os iPhone teñan menos memoria RAM que os dispositivos Android os primeiros xestiónana mellor, polo que non debes deixarche influenciar por este dato. Cada sistema ten o seu.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)