Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

10 medidas para aforrar e xestionar auga nas industrias agroalimentarias



REDACCIÓN · PUBLICADO O 11 DE ABRIL DE 2019 · (0)



O sector, consciente de que é crucial -os seus sistemas de produción son dos máis gastan auga doce- asume o desafío como prioritario. Diso falaron onte no III Seminario Técnico Internacional Economía Circular na Xestión da auga das Industrias Agroalimentarias onde empresas como Nestlé, Heineken, Nueva Pescanova, e Calidade Pascual explicaron que están a facer.


No 2050 estímase que existirán 9 billóns de persoas no mundo e produción de alimentos debe incrementarse nun 60%, o que supón unha suba do 20% no uso de auga en agricultura. Para o responsable departamento de medio ambiente, bioenerxía e hixiene industrial de AINIA, Andrés Pascual, ”o modelo actual de produción ten moito de líneal usando recursos coma se fosen infinitos, o que supón un grave problema de sustentabilidade que debemos cambiar”.

A escaseza de auga afecta ao 11% da poboación Europea e ao 17% do territorio da UE, principalmente en países do sur. . Os efectos do cambio climático están a derivar nun crecente stress hídrico en áreas do mediterráneo. A ameaza de contaminantes como os nitratos, pesticidas.... empregados en agricultura e gandería intensiva supoñen unha presión engadida a este recurso crave. No seminario realizado en Valencia o Centro Tecnolóxico AINIA (con varias delegacións, entre elas a de Vigo) presentou 10 medidas para avanzar no impulso da economía circular na xestión da auga:

1.          Uso responsable. As industrias empezan a esixir certificacións de sustentabilidade aos grandes provedores de  commoditites alimentarias e a colaborar con pequenos agricultores e gandeiros en boas prácticas ambientais.

2.         Redución do uso de auga mediante o redeseño das instalacións e mellora de procesos produtivos. Facendo máis facilmente  limpiables as liñas de procesado conséguense aforrar auga, enerxía ou produtos químicos.

3.         Reutilizar a auga dentro de fábrica, en ciclo pechado ou outros puntos da planta, e recuperar auga e o resto de recursos de materias primas ou outras correntes líquidas, interna ou  externamente. Por exemplo, recuperando auga do leite en fábricas que producen leite en po e logo reciclala en procesos produtivos.

4.         Rexenerar e reutilizar a auga depurada a final de liña, e recuperar recursos dos lodos de depuración. Rega de parcelas agrícolas anexas ás industrias con augas depuradas segundo normativa en vigor. 

5.         Medir a través da pegada  hídrica e indicadores como ferramentas de mellora e comunicar os logros alcanzados participando en acordos voluntarios sectoriais. O sector de bebidas refrescantes é modélico na definición de obxectivos sectoriais no ámbito da auga.

6.         Desenvolver proxectos de compensación hídrica devolvendo un volume de auga equivalente ao consumido nos produtos. Exemplo de Heineken en Doñana ou  CocaCola en 7 proxectos por toda España.

7.         Maximizar a eficiencia enerxética e fontes de enerxía renovables. Desde optimizar o consumo enerxético nos tratamentos de depuración como valorizar en forma de  biogás correntes de alta carga orgánica e auto-consumilo.

8.         Promover a economía colaborativa, simbiose industrial e outros novos modelos de negocio. Compartir depuradora, entregar residuos líquidos orgánicos a depuradoras municipais para a co-dixestión cos seus lodos de depuración.

9.         Solucións 4.0.  Algorítmos para optimizar o funcionamento das instalacións de tratamento ou optimizar os consumos en fábrica.

10.     I+D+i. Desenvolvemento de alternativas que garantan reciclaxe ou reutilización de correntes eficiente e seguro desde o punto de vista da hixiene.

Boas ideas

Hai liñas de investigación como o desenvolvemento de novos materiais de membrana para sistemas de filtración eficientes que recuperen selectivamente os compostos de interese, electrodiálise con membranas  bipolares para valorizar salmoiras, reactores biolóxicos de membrana anaerobios, sistemas bio- electroquímicos...  Andrés Pascual destaca que “ set odos cambiamos a mentalidade e a normativa axúdanos en lugar de poñer freo, poderemos facer realidade os cambios”.

Casos

O especialista en sustentabilidade ambiental de Nestlé España, Pedro Ruiz, explicou a estratexia da multinacional suíza; Carlota Crespo da Asociación Nacional de Fabricantes de Bebidas Refrescantes (ANFABRA) expuxo o compromiso do secto e as boas prácticas na xestión da auga na industria das bebidas refrescantes. German Giner do Bureau IPPC presentou o novo documento BREF sobre Mellores Técnicas Dispoñibles ( MTDs) e Santiago Gómara de Nueva Pescanova explicou o caso de éxito no deseño de maquinarias e instalacións para facilitar a  hixienización de superficies. Finalmente Joan Ribeira de Calidade Pascual, mostrou como é posible reducir o uso de auga co redeseño dos procesos produtivos, sen que isto comprometa a seguridade dos alimentos ou á hixiene da zona de procesado. 



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)