Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Santiago reúne a 900 especialistas en antropoloxía



REDACCIÓN · PUBLICADO O 12 DE ABRIL DE 2019 · (0)



Veñen de máis de 50 países para participar en 90 sesións e diferentes grupos de traballo que son os que ten o o 14º Congreso da Asociación Internacional de Etnoloxía. Falarase de moites temas, entre eles o impacto do turismo ou a recuperación dos barrios.  “Desde a década dos 90 do pasado século non houbo outro evento similar de antropoloxía en España”


 “É unha ocasión moi especial porque se van a reunir figuras de primeira liña internacional neste ámbito”, sinalou esta mañá (imaxe de apertura) nun encontro cos medios de comunicación Cristina Sánchez, presidenta da Asociación Galega de Antropoloxía, coordinadora do congreso e investigadora do CSIC. A inauguración é na Cidade da Cultura este domingo pero o simposio vaise desenvolver entre os días 14 e 17 de abril na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da USC.

Falarase de movementos migratorios e a crise dos refuxiados, cuestións de xénero, procesos de patrimonialización e consumo turístico na sociedade contemporánea, transformacións do mundo rural, ou temas ambientais relacionados co cambio climático.

A conferencia inaugural está a cargo de Susana Narotzky, catedrática de antropoloxía social da Universitat de Barcelona, que falará sobre as políticas económicas da incerteza que se derivan da crise e da postverdade. Entres os relatores das conferencias plenarias: Barbara Kirshenblatt- Gimblett, conservadora xefe do POLIN Museo da historia dos xudeus polacos (Polonia); Regina Bendix, profesora de Etnoloxía europea na Universidade de Göttingen (Alemaña); Dorothy Noyes, especialista en antropoloxía que traballa na Universidade Estatal de Ohio (Estados Unidos) e Tim Ingold, profesor emérito de Antropoloxía Social da Universidade de Aberdeen (Reino Unido).

O caso galego

O luns 15 ás 18.30 horas terá lugar unha sesión pespecial dedicada integramente á antropoloxía galega para revisar e repensar a situación da antropoloxía en Galicia e analizar as posibilidades futuras da disciplina, xa que segundo sinala a coordinadora do congreso “carece de espazos visibles. Na actualidade, só a Universidade Nacional de Educación a Distancia imparte o grao de Antropoloxía”. O Instituto de Ciencias do Patrimonio, do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC), é que o organiza xunto ás Universidades de Santiago de Compostela, A Coruña, Vigo, Nacional de Educación a Distancia e a portuguesa de Trás-móntesvos- e Alto Douro (Portugal) o 14º Congreso da Asociación Internacional de Etnoloxía ( SIEF, polas súas siglas en inglés).



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)