Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Interatlantic recibe o Premio Aproin 2018 á Mellor Rehabilitación



REDACCIÓN · PUBLICADO O 12 DE ABRIL DE 2019 · (0)



O traballo fíxoo no edificio que albergará a nova sede central da empresa pesqueira: unha emblemática construción en viguesa rúa Concepción Arenal. Hai novos novos elementos construtivos, pero ao tempo respectando a identidade arquitectónica e mantendo o sinal do autor, o arquitecto francés Michel Pacewicz que obtivo a licenza en 1898.


O premio foi recibido polo CEO de Interatlantic, Luís Cabaleiro, de mans do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, nun acto celebrado onte no marco do 25º aniversario da Asociación de Promotores Inmobiliarios da Provincia de Pontevedra que valorou deste traballo “o máximo respecto en canto ao tratamento dos materiais preexistentes”. Ademais do acerto apreciado na elección da contorna, fundamentais para o éxito.

Entre os membros do equipo grazas ao que foi posible destaca o labor de Carlos Viqueira, Lorena García, Pedro da Ponte e a construtora Civis Global. Cabaleiro dixo que “recibir este premio é unha gran honra, polo recoñecemento ao esforzo que supuxo recuperar un edificio destas características; un labor que 120 anos despois da súa construción significaba un reto para nós, redescubrir o esplendor do inmoble, que forma xa parte do patrimonio da cidade”, declara Cabaleiro.

Enmarcado no estilo ecléctico afrancesado e construído entre medianeiras, organízase en dous corpos laterais formados por dous miradoiros de planta poligonal  oriel–window, característico da arquitectura inglesa, que rodean vans centrais, finalizando nunha cuberta inclinada de gusto francés. Posteriormente, en maio de 1920, engadiuse a terceira planta co proxecto do arquitecto Manuel Gómez Román, adaptando a execució.  Coñecido no pasado como Edificio do Galiñeiro, terminouse de rehabilitar en marzo deste ano.

Novidades construtivas

Nos traballos, nos que se investiron cinco millóns de euros, a fachada principal foi dotada dunha iluminación que fai resaltar a beleza. O hall de entrada respectouse tal como era, coa escaleira orixinal, chan de mármore e a maiores rescatouse a pedra que levaba máis dun centenar de anos escondida. Toda a carpintería exterior e interior desmontouse e repúxose, conservando as pezas ornamentais en paredes e portas, e as  cerchas de madeira da estrutura da cuberta.

En canto aos habitáculos, respectouse cada habitación da parte nobre de adiante, mentres que a parte traseira transformouse en espazos diáfanos, open- air e multifuncionais pensados para as oficinas de Interatlantic; incorporando sutilmente os novos elementos, como un ascensor con visión transparente para facilitar a comunicación vertical. Ten un novo novo sistema de ventilación e destaca nas instalacións a iluminación led con funcionamento eléctrico centralizado. Outro elemento construtivo diferenciador e que constitúe o pulmón é o patio interior. incorpora unha cúpula de cristal e pasarelas nos diferentes niveis que comunican dun lado a outro con portas  correderas,

Próximos proxectos

O grupo a través das empresas Kabak e Getting Back Stones, quere continuar investindo en proxectos de rehabilitación de edificios emblemáticos da cidade de Vigo: tal é o caso do Palacio da Oliva situado en pleno Casco Lanuxe, un proxecto que busca recuperar o edificio e volver dotalo do protagonismo que tivera no pasado.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)