Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Casa Barqueiro reúne a 29 Estrelas Michelín en Negreira por unha causa filantrópica



REDACCIÓN · PUBLICADO O 12 DE ABRIL DE 2019 · (0)



A vila converterase o 16 de abril, martes, na capital española da gastronomía ao reunir aos mellores cociñeiros nun xantar solidario. Os beneficios do evento promovido polos irmáns Rial destinaranse a ANXIÑOS. Alí estarán, entre outros,  Arzak, Berasategui (na imaxe), Jordi Cruz, e os irmáns Torres.


Tamén Eneko Atxa, Paco Roncero, Nacho Manzano e Pedro Morán ademais de personalidades do mundo social e artístico. Será un día de festa no que na parte musical teñen comprometida a súa intervención a cantantes María Berasarte e Huecco. A cita é na nave que ten a Orquestra Olympus no polígono local, e o cuberto costa 50 euros.

No acto poderán participar 300 persoas de forma presencial, abonando un entrada/menú/ de 50 euros desde a plataforma de ATaquilla de ABANCA. Tamén poderán contribuír que  non podendo acudir desexen facer a súa achega a través da conta bancaria habilitada. Os ingresos á MESA CERO deberán facerse mediante transferencia bancaria a Cóntaa "ASOCIACIÓN  ANXIÑOS": ES77 0081 0499 6100 0197 5902

ANXIÑOS -integrada en FEAFES, Federación de Asociacións de Familiares e Persoas con Enfermidade Mental de Galicia- dispón na provincia da Coruña de dúas Escolas-Fogar para nenos e adolescentes con trastornos psiquiátricos, situadas en senllas Casas Reitorais, unha en San Mamede do Monte, no Concello da Baña, e outra en Santo Tomas de  Cruxeiras ,no Concello de Ames, cedidas polo Arcebispado de Santiago.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)