Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

España apenas inviste nas familias



REDACCIÓN · PUBLICADO O 15 DE ABRIL DE 2019 · (0)



Está á cola da UE-28 en gasto social destinado a familias e fillos con só o 1,7% sobre o gasto total das administracións públicas, máis de tres puntos porcentuais por debaixo da media europea. Só Grecia está por debaixo deste país co 1,4%.


Entre o gasto público en protección social figura o destinado a familias e fillos. No conxunto de países da UE-28, este gasto acadou en 2017 unha media do 3,8% sobre o gasto total das administracións públicas ou do 1,7% en termos de PIB. Non obstante, as diferenzas entre os países da Unión Europea son considerables, con cifras superiores ao 8% por unha banda e inferiores ao 2% no extremo baixo.

Os dous países que figuran en cabeza son Luxemburgo (8,7%) e Dinamarca (8,6%). A continuación sitúase Chipre cun 7,8%. Bulgaria, Polonia e Estonia superan o 6%, mentres que Finlandia, Irlanda e Suecia contan cun gasto arredor do 5%. Austria, Hungría, Eslovenia, Bélxica e Francia logran estar por riba do 4%. Croacia figura tamén entre os países que superan a media europea.

Entre os países que se quedan levemente por debaixo do promedio sitúanse Alemaña e Romanía. Os Países Baixos, Italia e Lituania comparten un 3,2%. O Reino Unido chega ao 3,1%. A cifra xa baixa ao 2,4% no caso de Portugal. España ocupa o penúltimo lugar na clasificación europea. Só un 1,7% do gasto público total vai destinado ao apoio de familias e fillos, menos da metade do promedio da UE. Por detrás de nós unicamente figura Grecia cun 1,4%.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)