Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Galicia é a oitava rexión en uso da factura electrónicas



REDACCIÓN · PUBLICADO O 15 DE ABRIL DE 2019 · (0)



Un 2,23% do total dos documentos emitidos ao longo do ano nesta comunidade autónoma utilizou esta vía, segundo o “Estudo sobre o uso da factura electrónica” realizado por Seres, empresa especializada neste tipo de solucións.


Por volume de empresas que emiten facturas electrónicas, Galicia representou en 2018 un 4,47% do total, convertíndose na novena comunidade no ranking por empresas. No apartado de volume de facturas recibidas, Galicia sitúase sitúa na cuarta posición, co 7,44% en 2018 fronte ao 8,04% de 2017. Sen embargo, ao analizar o volume de empresas receptoras, esta rexión ocupa o sétimo posto, cun 6,55% sobre o total de 2018, sen apenas cambios respecto ao 6,48% rexistrado en 2017.

Segundo o estudo, Pontevedra foi a provincia máis activa da comunidade autónoma en emisión e recepción de facturas (1,07% e 4,86%), seguida da Coruña (0,85% e 2,09%), Lugo (0,16% e 0,25%) e Ourense (0,15 e 0,24%). Tamén o foi en porcentaxe de empresas emisoras cun 2,08%, seguida pola Coruña (1,34%), Ourense (0,56%) e Lugo (0,49%). No caso das empresas receptoras o orde é A Coruña cun 2,68%, Pontevedra (2,54%), Ourense (0,67%) e Lugo (0,66%).

De acordo co estudo, o número de facturas electrónicas procesadas en 2018 en España ascendeu a 181.884.086 documentos, un 14,92% máis que en 2017. Do total, 147.953.331 documentos corresponden a transaccións entre empresas (B2B), 22.292.891 a operacións entre empresas e as administracións públicas (B2G) e 11.637.864 a vendas de empresas a particulares (B2C).

Segundo o informe, grazas ao uso da factura electrónica, as empresas españolas aforráronse en 2018 algo máis de 900 millóns de euros na xestión das facturas recibidas e 511 millóns de euros na xestión das facturas emitidas. Tamén se aforraron 662.145 horas na tramitación das facturas recibidas e 106.963 horas nas emitidas, ademais de reducir de maneira significativa o impacto medioambiental derivado da eliminación do uso de papel.

Por tamaño

Por tamaño, a mediana empresa representa o 45,48% das empresas emisoras e o 37,57% das receptoras, a pequeña empresa reúne ao 23,8% das emisoras e o 26,17% das receptoras, a grande empresa supón o 22,48% das emisoras e o 24,48% das receptoras e finalmente as micro empresas representan o 8,24% da emisión e o 11,78% da recepción.

A obriga da factura electrónica para os subcontratistas das administracións públicas tivo os seus efectos e os seguirá tendo no futuro, como se aprecia o incremento de uso da factura electrónica rexistrado nas operacións B2G. A evolución da normativa de facturación electrónica ás administracións públicas en vigor dende 2015 deu lugar, en 2018, á obriga de uso da factura electrónica para os subcontratistas do Estado. Así, dende o 1 de xullo de 2018, as empresas subcontratadas que traballan para provedores das AAPP españolas están obrigadas a facturar electronicamente aos contratistas cando o importe dos traballos ou servizos supera os 5.000 euros.

Resulta relevante, sobre todo de cara ao futuro, o éxito internacional da factura electrónica e os impulsos dados pola Unión Europea para normalizar o seu uso entre os países membros. Un impulso que permitiu o desenvolvemento ao longo de 2018 dun novo formato común de factura electrónica, cuxo uso será obrigatorio nas contratacións públicas europeas a partir do xoves.

“Nos últimos años comenta Alberto Redondo, director de Marketing de Seres para Iberia e Latinoamérica asistimos a un forte crecemento orgánico da factura electrónica entre as empresas españolas, que vai amplificando a súa capilaridade xeográfica e sectorial”. Un crecimiento que, segundo Redondo, mantén as tendencias. “As medianas empresas seguen sendo o colectivo de usuarios de e-factura máis importante e, ao mesmo ritmo, con menor escala, segue crecendo o número de grandes e medianas empresas usuarias. Do mesmo modo, por sectores, mantense o liderado do sector servizos, seguido por industria e a máis distancia o sector primario”.

Novo punto de inflexión

A pesar da contracción do crecemento económico na zona euro, todo parece indicar que 2019 será un ano moi importante para a universalización da factura electrónica na UE. O novo estándar europeo de factura electrónica, que será obrigatorio nas relacións B2G a partir do xoves, e as primeiras iniciativas nacionais que apuntan a unha obrigatoriedad xeral do uso da e-factura serán o impulso definitivo á desmaterialización da factura e ao intercambio electrónico doutros documentos. A e-factura é unha peza clave da transformación dixital dos negocios e os seus efectos positivos empezarán a notarse no conxunto da sociedade, engade Alberto Redondo.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)