Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Ana Lluch e Pablo Menéndez gañadores dos premios de Investigación Oncolóxica Ramiro Carregal 2019



REDACCION · PUBLICADO O 02 DE MAIO DE 2019 · (0)



O Xurado do Premio Internacional de Investigación Oncolóxica, Científica e Técnica Ramiro Carregal vén de dar a acoñecer o fallo da súa oitava edición que recaeu na Dra. Ana Lluch e do primeiro Premio a Talentos Emerxentes que é para Pablo Menéndez.


O Dr. Rafael López, presidente executivo do Xurado, explica que a creación dun novo Premio a Talentos Emerxentes en Investigación Oncolóxica responde á necesidade de “recoñecer o traballo de moitos investigadores novos que renunciaban a presentarse ao Premio Internacional ante a dificultade de competir co currículo dos prestixiosos candidatos que optaban”, como queda patente na listaxe de premiados do sete edicións anteriores: Mariano Barbacid, José Baselga, Eduardo Díaz-Rubio, Carlos López Otín, Guido Kroemer, Luís Paz-Ares ou Amparo Cano, a primeira muller premiada á que agora se une a Dra. Lluch.

A Dra. Ana Lluch é xefa do Servizo de Hematoloxía e Oncoloxía Médica do Hospital Clínico Universitario de Valencia e catedrática da Facultade de Medicina da Universidade de Valencia. Ambas as actividades compleméntanse coa súa actividade investigadora centrada en profundar nas bases xenéticas e xenómicas do cancro de mama, na identificación de xenes implicados nos procesos tumorais, así como na aplicación e desenvolvemento de novas tecnoloxías que contribúan a un diagnóstico máis rápido e eficaz e na aplicación das novas estratexias biolóxicas que permitan a individualización do tratamento.

O Dr. Rafael López destacou “o seu traballo e dedicación na loita contra o cancro de mama” e en especial “o seu esforzo por investigar os mecanismos moleculares que nos axuden a entender mellor a enfermidade e tamén o seu compromiso na formación das novas xeracións”. O fallo do Xurado destaca o “enorme prestixio internacional” da premiada así como as súas “importantes achegas á ciencia durante toda a súa carreira” e o seu “compromiso persoal diario cos seus pacientes na consulta”, aspectos todos que foron tidos en conta á hora de elixila como gañadora do VIII Premio Internacional de Investigación Oncolóxica.

O Dr. Pablo Menéndez, Talento Emerxente

O primeiro premio Talentos Emerxentes foi para o Dr. Pablo Menéndez Buján, director científico do Instituto de Investigación contra a Leucemia Josep Carreras e profesor asociado da Facultade de Medicina da Universidade de Barcelona. 

Nacido en Avilés en novembro de 1974, Pablo Menéndez é licenciado en Bioquímica pola Universidade de Salamanca, onde tamén se doutorou en Medicina (hematoloxía). Posteriormente realizou a súa formación post-doutoral en Canadá e Reino en bioloxía de células nai e leucemia infantil, respectivamente. En 2007 foi nomeado director do Banco Andaluz de Células Nai e en 2011 converteuse en Investigador Principal no Centro de Xenómica e Oncoloxía da Universidade de Granada, ata que en xuño de 2013 desembarcou no Instituto Josep Carreiras, de cuxo comité de dirección é membro.

Para a súa elección, o Xurado tivo en conta “a súa importante traxectoria profesional que denota unha actitude proactiva e a persistencia nos seus proxectos” e “o seu actual traballo de investigación no ámbito das leucemias pediátricas”. No fallo destácase a súa “liña de traballo consistente e profunda, que deu como froito un importante número de publicacións en revistas de alto prestixio así como as súas numerosas colaboracións internacionais”. Por todo iso o Dr. Rafael López asegura que se trata “dun talento emerxente que demostrou xa a súa valía e que dará moitas alegrías á investigación oncolóxica nos próximos anos”.

Ambos recollerán o seu premio en Compostela

Ademais de sumar un novo recoñecemento, a edición deste ano ten outra importante novidade: o incremento da contía destinada ao Premio Internacional, que pasa a ser de 20.000 euros. A este súmase o premio de 6.000 euros para o investigador emerxente. Ambos recollerán o seu premio nunha cerimonia solemne que terá lugar en Santiago de Compostela nas próximas semanas. En todas as edicións anteriores a gala estivo presidida polo xefe do Executivo galego, Alberto Núñez Feijóo, e contou coa asistencia de destacadas autoridades do ámbito sanitario, universitario e social da comunidade galega.

Xurado

Ademais do doutor Rafael López, xefe de Oncoloxía médica do CHUS, forman parte do Xurado desta edición a Dra. Ruth Vera, presidenta da Sociedade Española de Oncoloxía Médica (SEOM); o reitor da Universidade de Santiago de Compostela, Antonio López; o decano da Facultade de Medicina e Odontoloxía da Universidade de Santiago Julián Álvarez; os catedráticos do mesmo centro Juan Gestal e Manuel Freire-Garabal; Rafael Silva, director territorial de HM Hospitales, e Ramiro Carregal, presidente de honra do Xurado.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)