Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Unha “finde” para as nais das cidades



REDACCIÓN · PUBLICADO O 03 DE MAIO DE 2019 · (0)



Compostela Monumental celebra dende hoxe o “Día dos Cascos Históricos de España”, unha inciatiava coa que pretende reivindicar o labor diario e "maternal" que leva a cabo o comercio tradicional nas zonas históricas e monumentais de toda España.


É a segunda vez que Compostela Monumental e todas as asociacións de comerciantes que compoñen a Confederación Española de Cascos Históricos (Cocahi) poñnen en marcha esta iniciativa, coa que se pretende resaltar o papel que realiza o comercio ubicado nas zonas monumentais, cascos antigos e históricos de España na xeración de emprego de calidade, riqueza para as súas respectivas cidades e conservación del patrimonio histórico de España, segundo apunta José Manuel Bello Rey, presidente de Compostela Monumental e Cocahi.

“A data escollida pola Confederación Española de Cascos Históricos ten unha razón de ser, xa que anualmente esta celebración coincidirá co venres previo ao día da nai, ao entender que as zonas históricas son as nais das cidades de España. Ao mesmo tempo, dende Cocahi estamos realizando as xestións ante a Unesco para solicitar a este organismo internacional a declaración mundial do a Internacional dos Cascos Históricos”, afirma Bello Rey.

Ademais, Compostela Monumental quere aproveitar o “Día dos Cascos Históricos” e o da nai para regalar 10.000 entradas para menores de 12 anos, tras compras realizadas no comercio da zona, para poder gozar da exposición “Leonardo Da Vinci”, que estará aberta al público no Monasterio de San Martín Pinario ata o 16 de xuño.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)