Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Chega o Centro de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes da USC



REDACCIÓN · PUBLICADO O 03 DE MAIO DE 2019 · (0)



Traballará en aprendizaxe automática, tecnoloxías da linguaxe, robótica e visión artificial, con crecente impacto socioeconómico transformando sectores como industria 4.0, enerxía, saúde, intelixencia de negocio e o financeiro e de seguros.


O ata o de agora Centro singular de investigación en Tecnoloxías da Información da Universidade de Santiago de Compostela (CiTIUS), acaba de presentar a súa nova identidade. É o único de Galicia e un dos tres que existen a nivel nacional. Unha das fortalezas do CiTIUS é a transferencia da súa investigación, así o o acreditan resultados como as dúas spin-offs creadas nos últimos catro anos, Situm e Imagames, que contan con preto de medio cento de empregados e presenza en 40 países, ou os contratos de I+D con empresas como Indra, IBM, Johnson & Johnson e Babcock, e un bo número de empresas da contorna, como Finsa ou Mestrelab Research.

Ademais do cambio da denominación e da definición de obxectivos investigadores, esta  etapa leva parella unha reorganización xa que o profesor Senén Barro será o director científico e o profesor Paulo Félix Lamas director adxunto. No acto de presentación celebrado no propio centro, participaron o reitor Antonio López, a conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, e o novo director científico do centro, o catedrático Senén Barro Ameneiro. O novo rumbo adoptado “é a confirmación dun éxito, unha iniciativa xurdida en 2010 que hoxe é un brillante realidade que redefine os seus obxectivos”, afirmou Antonio López. E a conselleira fixo fincapé na importancia do capital humano “o voso talento é o que que fai que os centros nos que traballades sexan os máis excelentes do Sistema Universitario Galego”.

Unha mudanza estratéxica

Senén Barro apuntou, segundo datos da consultora McKinsey, que en relación á intelixencia artifical “estamos a falar do maior impacto transformador ata o momento, capaz de achegar 13 billóns de dólares ao PIB mundial en 2030, cun incremento medio anual do 1,2% na produtividade”. Neste mesma liña tamén aludiu á consultora Boston Consulting Group, quen considera que a particular a aprendizaxe automática, é “a gran forza motriz da industria dixital. Nunha macroenquisa realizada recentemente por esta compañía, máis do 90% das empresas consultadas afirmaron que están a dirixir investimentos cara a este ámbito”.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)