Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Abre un novo Claudio Express en Mos



REDACCIÓN · PUBLICADO O 06 DE MAIO DE 2019 · (0)



Este é o terceiro punto de venda franquiado en 2019 para Gadisa. Ubicado nunha estación de servizo no quilómetro 5,12 da estrada N-550 de Redondela–Porriño, conta con seis empregados. Rafael Loureiro, un dos propietarios do Grupo Loureiro & Sanmartín, inaugurouno acompañado dalgunhas traballadoras.


Por parte de GADISA asistiu á apertura o pasado venres Miguel Freire, director de vendas de liña maior, Pablo Louro, delegado provincial de Pontevedra, e parte do equipo de montaxes da franquía, liderado por Fernando Seijo.

Suma unha superficie de vendas de 100 m2, e está operativo os 365 días do ano en horario de 7:00 a 23:00 horas.  Seguindo a filosofía da rede de franquías, o novo punto responde ao concepto de tenda “rápido, cómodo e económico”. O cliente ten á disposición variedade de produtos a prezos competitivos que cobren as demandas básicas do día a día.

Con esta apertura, a compañía de distribución galega continúa co seu plan de expansión da liña de franquías. Recentemente, incorporou dous Claudio Express en senllas estacións de servizo nas provincias da Coruña e Lugo. Actualmente, a rede elévase a un total de 178 Claudio e Claudio Express. GADISA conta, ademais, con 221 Supermercados Gadis e 12  Cash-Ifa en Galicia e Castela e León.

 



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)