Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Urxen solucións aos danos da fauna salvaxe na gandeiría galega



REDACCIÓN · PUBLICADO O 09 DE MAIO DE 2019 · (0)



Aperfasa, Fruga, Ovica e SLG iniciaron onte unha campaña de mobilizacións cunha manifestación que chegou ás portas de Medio Ambiente para bater potas e tixolas “e ver se así escoitan demandas que levan anos desoíndo”. Entre outras cousas piden censos actualizados e un labor serio dos tecores, xa que o xabaril pódese considerar “unha praga”.


Lembran que miles de granxas, en moitas comarcas, están ao borde do peche “por non poder seguir aturando as perdas que especies como o xabaril ou o lobo causan cada ano”. Os danos da fauna silvestre están a afectar ao modelo agrícola máis sostible: a gandería extensiva, e mesmo a razas en perigo de extinción como é o caso do cabalo e a ovella galegas. 

“Esta plataforma seguirá realizando accións de protesta se a Xunta non escoita as demandas”, aseguran os convocantes nun comunicado. Son a Asociación de Prexudicados pola Fauna Salvaxe (Aperfasa), Asociación de Criadores de Ovino e Caprino de Galicia (Ovica), Federación Rural Galega (Fruga) e Sindicato Labrego Galego (SLG), que reuniron varios centos de gandeiros e gandeiras para reclamar solucións urxentes cunha marcha que comezou onte sobre as 12:00 na Consellaría de Medio Rural, en San Caetano ata chegar a Medio Ambiente onde leron un manifesto e deixaron claro que este só era o comezo dunha campaña de mobilizacións que non rematará até que a Xunta atenda estas demandas:

1.- REDUCIÓN INMEDIATA DOS DANOS-POBOACIÓNS. “Esiximos a elaboración urxente dun mapa de zonas nas que se están a rexistrar superpoboacións dalgunhas especies e a redución inmediata nestas comarcas do número de exemplares para termos un equilibrio ecolóxico no que ningunha especie poña en perigo ás outras ou que comprometan a actividade agrícola e gandeira”. Piden a análise das causas que deron lugar a esta situación de desequilibrio e un plan de xestión, con medidas urxentes e outras a medio prazo coa participación de todos os colectivos interesados. “É imprescindible a elaboración urxente dun censo real, comarcalizado e actualizado das poboacións de xabarín e lobo. E debe considerarse non só a superficie forestal senón as necesidades de alimento desas poboacións, que non poden recaer de xeito principal nos cultivos e animais da xente agricultora e gandeira”. Hai unha situación excepcional de superpoboación coa consideración de praga do xabaril. Piden tamén un programa de incentivos e penalizacións dos tecores, que poden ir dende o económico ás licenzas, segundo o grao de compromiso e cumprimento dos programas de redución de danos. “A xente afectada, se non hai actuación dos tecores, terá dereito a esixir directamente medidas preventivas para evitar que se sigan a producir danos, tales como que outros tecores podan actuar nese territorio”.

2.- ASUNCIÓN DA RESPONSABILIDADE CIVIL DA ADMINISTRACIÓN PÚBLICA SOBRE O 100% DOS DANOS. Piden que se recoñeza esa responsabilidade subsidiaria remunerando todos os danos ocasionados polas distintas especies da fauna silvestre (xabarín, lobo, corzo, corvos). Tanto perdas directas como indirectas a valor de mercado. “Esiximos un fondo de corresponsabilidade previsto na actual Lei de Caza co. Os pagos deben ser inmediatos e cubrir a totalidade dos gastos. Hai moitos danos que non se están a cubrir, as contías son moi inferiores ás perdas e mesmo hai danos de especies que non se cobren en absoluto”.

3.- ELIMINACIÓN DE ZONAS ABANDONAS QUE PODAN SERVIR DE REFUXIO PARA A FAUNA SILVESTRE PRÓXIMAS AOS CULTIVOS. PARALIZACIÓN E REPOSICIÓN DA LEGALIDADE NO CASO DE FORESTACIÓNS ILEGAIS DE TERRAS AGRARIAS.

4.- PROGRAMA DE SANIDADE ANIMAL EFICAZ E DOTADO PARA O TRATAMENTO DAS ENFERMIDADES DA FAUNA SILVESTRE E QUE GARANTA QUE NON HAXA UN CONTAXIO DE ENFERMIDADES Á CABANA DOMÉSTICA (tuberculose, brucelose, peste porcina, triquinose, sarna…) Está a haber un incremento das enfermidades de carácter contaxioso propagadas por especies salvaxes dentro e fóra de Galicia. “Estamos asistindo á aparición de novos focos de peste porcina africana, tuberculose bovina ou brucelose no gando ou a transmisión da Enfermidade de Lyme nas persoas a través da carracha do corzo que pode causar graves consecuencias na saúde humana e mesmo a morte. Non se está a facer practicamente nada ao respecto”.

5.- FINANCIAMENTO DO 100% DAS MEDIDAS DE PROTECCIÓN MÁIS ACAÍDAS A CADA CASO como mallas electrificadas e adquisición e cobertura de custes na tenza de cans gardiáns.

6.- PROGRAMA DE ALIMENTACIÓN DA FAUNA SILVESTRE A CARGO DA ADMINISTRACIÓN PÚBLICA. Un programa para a plantación en terreos forestais de suficientes árbores con froito ou cultivos destinados a esta alimentación e compensación de persoas propietarias que planten árbores con esta función, así como o estudo do impacto de medidas como que algúns cadáveres podan quedar no medio.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)